3 may 2020

“MAY IS THE MONTH OF SUNSHINE AND FLOWERS”3º e 4º SEMANA 4 - 8 MAIO


3º e 4º
SEMANA 4 -  8 MAIO
“MAY IS THE MONTH OF SUNSHINE AND FLOWERS”
FOOD- LIKES AND DISLIKES- SOME AND ANY – AND / OR / BUT
“May is the month of sunshine and flowers...”



O comezo dun novo mes, o mes de maio, cheo de luz, de flores, de  enerxía, de sol e de fantasía. Un mes que nos achega á natureza e a mil cores!! Temos que comezar a operación biquini que o verán está á volta da esquina. Temos que coidarnos das “porcalladas”, xa sabemos que a case todo o mundo lle gustan pero… saudables non  son, verdade? A ver que é o que nos gusta, o que non nos gusta.
Vai ser unha semana interesante e... tamén divertida!!
Esta semana recordaremos a comida (food), o que nos gusta e o que non nos gusta tanto (likes and us) , a, some and any , e tamén condo poñeremos and/ or / but e lembrade que como vos dicimos sempre hai fichas dabondo para todos os  e se vos parece moito podedes reducir e deixar algunhas.
Isto está pensado para todos os gustos:
Os que sempre queredes máis
Os que aceptades o que vos propoñen.
Os que axiña vos cansades.

Recordade que  aqueles que non tedes impresora, como xa sabemos que sodes uns grandes artistas, , ... poñede o número da ficha e as respostas e logo…  a debuxar rapaces e rapazas!!

DIA 1 – DAY 1


  1. Imos empezar coma xa estades afeitos, cun video para arrincar con enerxía:
VIDEO 1: Healthy Food for Kids from Steve and Maggie | Speaking with NEW Stories for Children Wow English TV
Presentación da comida e de “evitar” as porcalladas.

Que tal? Como ides coa memoria?

2.       Imos á FICHA 1SHEET  1– FOOD VOCABULARY – revisade o vocabulario.
Antes de pasar á seguinte prestade atención, ao vocabulario e usade a vosa memoria pero tede coidado que pode xogarnos unha mala pasada.

Xa estades listos para s.eguir??


FOOD VOCABULARY- Recomendación - dobrade a ficha á metade. Agora sen mirar escribide os nomes dos alimentos ou bebidas que aparecen.
Como vos foi??
Podedes intentar facela noutro momento a ver se realmente sabedes todiño todo.

  1. VIDEO 2: Learn Food Vocabulary | Video Flash Cards | ESL for Kids | Fun Kids English

  1. FICHA 2– SHEET 2 – HEALTHY or UNHEALTHY? Tempo para escribir e colorear, pero prestade atención, non vale ir ao tolo.
  2. VIDEO 3. Learn Drinks Vocabulary | Talking Flashcards
  1. FICHA 3– SHEET 3  My Plate. Agora é momento de que escribas o teu almorzó ou xantar saudable.
    FICHA 4 – SHEET 4 – Só para os que vos gusta inventar. Esta se transforma nun xogo se ti queres. Primeiro colorea, logo peqa nun cartón ou cartolina, recorta e xa tes un xogo para practicar o vocabulario!! Podes xogar a adiviñar antes de darlle a volta, A que che amosen so a imaxe e digas a palabra ou mesmo a que che digan a palabra e ti fagas o debuxo. É para usar tantas veces coma che apeteza. (page 8)


    AGORA TOCA DESCANSAR. SEE YOU NEXT DAY!! 

    DIA 2 – DAY 2

    I LIKE … / I DON’T LIKE
    Imos seguir un pouco máis lembrando e divirtíndonos.
    1. VIDEO 4. (Animated Read-aloud) "I Like and I Don't Like" – A ver se adiviño o que vos gusta.

    2.    FICHA 5 – SHEET 5What do you like? What’s your favourite food? Write five things you like and five things you don’t like. (page 9) 

    3.   VIDEO 5: Theme 16. Like - Do you like milk? | ESL Song & Story - Learning English for Kids
     
    4.    FICHA 6– SHEET 6 –LIKES AND DISLIKES. Fíxate ben nasi maxes antes de responder.(page 10)

    5.   VIDEO 6. Do You Like Lasagna Milkshakes? | Ice Cream and Lasagna!? | Super Simple Songs

    6. FICHA 7 – SHEET 7 - RECIPES. Agora imos ao noso particular “Masterchef” dende casa e cóntanos como fai ti eses pratos. Que rico todo!! (page 11) 
    7.    FICHA 8 – SHEET 8 - ARE YOU A GOOD CHEF? COLOUR (page 12)


    (NON É NECESARIO ENVIAR O VOSO TRABALLO DESTA ÚLTIMA FICHA PARA OS ARTISTAS AINDA QUE SE VOS APETECE COMPARTILO PODEDES MANDAR FOTO DO RESULTADO)



    DIA 3 – DAY 3

    A / SOME /ANY – AND / BUT /OR
               E ainda que estamos na casa podemos facer moitísimas cousas. So necesitamos un pouquiño de imaxinación e veredes que vos ides sorprender!!
    Recordando non hai lugar ao erro. Imos primeiro ver este video antes de poñernos á faena.

    1.VIDEO 7 : Theme 17. At the table - Do you want some more? | ESL Song & Story - Learning English for Kids


    Outra cousa non pero esta semana dedicamos moito tempo á comida, pero ollo ao piollo que a operación biquini está á volta da esquina. Así que comer ben e saudable ante todo!!

    2. VIDEO 8 Los Contables y NO Contables en INGLÉS para niños / Countable and Uncountable nouns



    3. FICHA 9 –  SHEET 9 .  A / SOME / ANY (páxina 13) Seguro que o sabedes ben, ou non?


    4. VIDEO 9. CONJUNTIONS

    5. FICHA 10–  SHEET 10- AND / OR / BUT (page 14)

    6. VIDEO 10 -Schoolhouse Rock: Grammar - Conjunction Junction Music Video

    7. FICHA 11 – SHEET 11 . Cal é a túa comida favorita? E a da túa familia? Cóntanos un pouquiño do que vos encanta comer, e tamén do que non vos gusta nadiña.(page15)

    8. FICHA 12. SHEET 12 – Esta vai de regalo. Xa sabedes, para aqueles artistas!!(page 16)


    NOTA:
    Recordade:
    As actividades son orientativas e podedes repartir as tarefas, non é necesario que fagades todo xunto. Vós e as vosas familias decidides.
    Hai actividades dabondo para todos:
    - Os que sempre queredes máis.
    - Os que aceptades o que vos proponen.
    - Os que axiña vos cansades
    MOITO ÁNIMO! SODES UNS CAMPEÓNS!!
     

No hay comentarios:

Publicar un comentario