16 may 2020

LET'S HAVE A HEALTHY MEAL. 1st and 2nd

E xa para rematar coa comida imos falar de comidas saudables: froitas, verduras e hortalizas. Cal é a túa favorita?
Recordade que na aplicación Navio podedes traballar este tema na unidade 4 de 1º. Aí están as cancións, videos con historias e actividades. Os que queirades que vos dé de alta na aplicación co voso correo electrónico poñédevos en contacto comigo a través do correo paqcha@cpiares.com (tamén podedes contactar comigo para calquera outra cousa, igual que a través da vosa titora) 

Recordade: As actividades son orientativas e podedes repartir as tarefas, non é necesario que fagades todo. Vós e as vosas familias decidides. 
Se non podedes imprimir podedes facer as actividades de escribir nun folio ou nunha libreta, no que teñades. Non hai que copiar os debuxos, poñemos o número da ficha e escribimos (ou debuxamos ou o que se pida) as respostas. Non quedarán tan “escolarmente” ordenadas pero seguro que vos quedarán preciosas igualmente, sodes uns artistas.
Non esquezades que os vídeos son fundamentais para aprender a correcta pronunciación das palabras (HAI QUE VELOS VARIAS VECES NA SEMANA E REPETIR, REPETIR E REPETIR AS PALABRAS)
1. Vídeo de presentación. Non sexas mexericas: imos tomar unha comida saudable. Let’s have a healthy meal.
2. Escoita e repite: verduras e produtos da horta:
https://www.youtube.com/watch?v=bf6g9mkg-4o
3.
WORKSHEET 1: Escribe os nomes das verduras das verduras e hortalizas. De que cor son? Escribe a cor e debuxa. 
4. Video para pasalo ben: Gústache o xeado de brócoli?
https://www.youtube.com/watch?v=frN3nvhIHUk
5.
WORKSHEET 2. Gústanche as verduras? Responde ás preguntas. Logo escribe cal é a túa verdura favorita (mira a frase de modelo para saber como escribilo).
6. Unha canción para escoitar e prestar atención.
7. E un video para aprender. Escoita e repite os nomes da froita.
8.
WORKSHEET 3. Repasa e une cada froita co seu nome. Gústanche as adiviñas? Que froita é?. Escribe ti agora.
9. Video: Mira como facer unha macedonia de froita.
10. FRUIT SALAD: Necesitas a axuda dun adulto, fai a túa propia macedonia de froitas, que lle pos? Debuxa ou pon a foto da túa macedonia cos seus ingredientes.
11.
Un video para bailar. Xa pronto imos poder ir de picnic. Ti que levas ao picnic. :
12.
WORKSHEET 4.Debuxa a túa comida favorita para o picnic.

 1. Don't be picky! Let’s have a healthy meal.
(from Pinkfong Kids' Songs and Stories, https://www.youtube.com/watch?v=YZ11C-U7S8I)






2. Listen and repeat: Vegetables
 (from Maple Leaf Learning, https://www.youtube.com/watch?v=bf6g9mkg-4o)




3.WORKSHEET 1: Trace, copy, read and draw.




4. A VIDEO TO ENJOY. Do you like broccoli ice cream?
(from Super Simple Songs,  https://www.youtube.com/watch?v=frN3nvhIHUk)






5.WORKSHEET 2. Do you like these vegetables? What's your favourite veggie?


 6. Listen and pay attenttion.
(from Pinkfong Kid's Songs and Stories, https://www.youtube.com/watch?v=rGyMk4yvyC0)





 7. Listen and repeat.
( from Maple Leaf Learning,  https://www.youtube.com/watch?v=UssT9E-WCDU)






8. WORKSHEET 3. Learn the fruit names.



  9. Do you like cooking? Watch how to make a fruit salad.
    ( from Oh Lardy, https://www.youtube.com/watch?v=JoU3hkyZ8e8





10. MAKE YOUR FRUIT SALAD. You need an adult's help. Choose your favourite fruit and draw or take a photo of your fruit salad.Write the ingredients like this: 




 11. Let's dance: We're going on a picnic.
       (from Maple Leaf Learning, https://www.youtube.com/watch?v=1WNxXjSTQWo)






12.WORKSHEET 4. Draw your favourite food. 



ENJOY YOUR WEEK!

















No hay comentarios:

Publicar un comentario