Nesta semana imos traballar o vocabulario relacionado cos
sentimentos e as emocións. Na vida é moi importante saber identificar as nosas
propias emocións e as de outros. Aprender a expresar as emocións é unha parte importante
da aprendizaxe das linguas. A maioría do vocabulario que imos traballar é moi
coñecido pol@s nen@s de forma oral porque o estamos traballando dende os tres
anos. Imos aprender a escribilo e engadiremos algunhas palabras máis para poder dicir como nos sentimos .
Recordade: As
actividades son orientativas e podedes repartir as tarefas, non é necesario que
fagades todo. Vós e as vosas familias decidides.
Se non podedes imprimir
podedes facer as actividades de escribir nun folio ou nunha libreta, no que
teñades. Non hai que copiar os debuxos, poñemos o número da ficha e escribimos
(ou debuxamos ou o que se pida) as respostas. Non quedarán tan “escolarmente”
ordenadas pero seguro que vos quedarán preciosas igualmente, sodes uns artistas.
A aplicación Navio
non traballa este tema pero alí encontraredes cancións, videos con
historias e actividades que seguramente vos apeteza facer. Os que queirades que
vos dé de alta na aplicación co voso correo electrónico poñédevos en contacto
comigo.
A forma de contacto para o que precisedes é o correo paqcha@cpiares.com
ou a través da vosa titora.
Non esquezades
que os vídeos son fundamentais para aprender a correcta pronunciación
das palabras (HAI QUE VELOS VARIAS VECES NA SEMANA E REPETIR, REPETIR E REPETIR
AS PALABRAS)
1. HELLO, HELLO, HOW ARE YOU? Que tal
estás? Todos coñecemos a canción porque é unha nova versión da que cantamos
cada día para saudarnos. Así que a cantar e bailar.
2. MOVE, REPEAT AND LEARN THE WORDS. E agora
toca poñerse de pé e moverse mentres repetimos, recordamos e aprendemos novo
vocabulario. Tamén hai que poñer caras. Ponlle cara a cada sentimento.
3. WORKSHEET 1. Aprendemos
a escribir os nomes dos sentimentos. Repasa
e copia. Le e rodea a palabra correcta
4. Imos
aprender a debuxar algúns dos nosos sentimentos con este video, fíxate como
cambia a posición das cellas, dos ollos e da boca.
5. WORKSHEET 2. Agora
tócache debuxar a ti: Le e debuxa as caras.
6. HOW ARE YOU? Como estás? Atréveste a facer un álbum de sentimentos? Faite fotos ou fotografía
a outra persoa amosando os diferentes sentimentos e ponlle a palabra. Pode ser
algo coma o exemplo(tamén se pode facer co móbil ou debuxando, cada un como vexa).
7. Vídeo para escoitar e repetir. As
festas son unha fonte de emocións: agora
é o momento de recordar o novo
vocabulario.
8. WORKSHEET 3. Completa
as frases coas palabras da caixa.
9. WORKSHEET 4.Agora
volve ver o video e escribe o que están
dicindo os nenos. Ao mellor tes que mirar as palabras nas fichas anteriores ou
no video.
10. E unha
canción para rematar esta semana.
1. HELLO, HELLO, HOW ARE YOU?
Let's sing and dance.
Let's sing and dance.
(from Hello! | featuring The Super Simple Puppets | Super Simple Songs)
2. Move, repeat and learn the words.
(from Feelings and Emotion Chant - Adjectives for Kids by ELF Learning)
3. WORKSHEET 1: Trace and copy. Circle.
4.Watch how to draw emotions. Pay attenttion to the eyebrows, eyes and mouth.
4.Watch how to draw emotions. Pay attenttion to the eyebrows, eyes and mouth.
(from Feeling and Emotion | How to draw simple face | by BabyA Nursery channel)
5.WORKSHEET 2. Drawing emotions: draw the faces.
6. How are you? My feelings album.
7. Let's revise the feeling words.
(from Kids vocabulary - [NEW] Feel - feelings - Are you happy? - English educational video)
8. WORKSHEET 3: Write.
6. How are you? My feelings album.
7. Let's revise the feeling words.
(from Kids vocabulary - [NEW] Feel - feelings - Are you happy? - English educational video)
8. WORKSHEET 3: Write.
9. WORKSHEET 4: Write.
10. Let's sing now.
No hay comentarios:
Publicar un comentario