Mostrando entradas con la etiqueta hobbies and interests. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta hobbies and interests. Mostrar todas las entradas

14 abr 2020

APRIL 14th to 17th - WELCOME AGAIN, MY FRIENDS!- BENVIDOS DE NOVO

Ola de novo rapaces e rapazas.! Seguro que tedes moita enerxía!!


Agora que acaba de rematar a Pascua imos facer memoria.

Recordade que  aqueles que non tedes impresora, como xa sabemos que sodes uns grandes artistas, , ... poñede o número da ficha e as respostas e logo…  a debuxar rapaces e rapazas!! Veredes que é moi divertido

DIA 1
1.    Comezamos cun vídeo de introducción: 

Tradicións de Pascua no Reino Unido”.
Que cousas!!
2.    Agora que sabedes un pouco máis imos revisar o vocabulario (que aínda que seguro que o sabedes é posible que non vos acordedes de todo.
(FICHA 1) – Easter vocabulary – read the words. (Le o vocabulario) 

·         Se tes impresora podes recortar as imaxes e pegar no caderno aquelas que non recordes e escribir debaixo o seu nome en inglés.
·         Se non podes imprimir debuxa as imaxes das palabras que non lembres e escribe o seu nome en inglés (non é necesario que escribas a palabra en español, xa estás facendo o debuxo)
  1. FICHA 2 – Pay attention to  the pictures and do the activities.  
·         Antes de colorear coma tolos e tolas! (Presta atención ás ordes da páxina 5 para poder colorear axeitadamente as imaxes da páxina 4.) (Esta actividade necesita moita concentración para non confundirvos.
·         Para facer ben a actividade 2 da paxina 5 terás que contar con coidado. Moita sorte!
·         Para rematar un poema has de lembrar. Eres un poeta?? Eres un artista?? Coido que si.
4.    FICHA 3 – “An Easrter bunny story” – Le a historia e responde. 


5.    Rematamos con un video moi divertido! A ver cantos aprendedes o poema. É un reto
!

6.    FICHA 4 – SPRING DRAWING – 




DIA 2

LIKES AND DISLIKES

           Como andades de memoria??  Imos ver…
1.    Imos revisar como dicimos en inglés que algo nos gusta ou non nos gusta.
Watch the video  “ Hobbies and interests”


1.    FICHA 5 – WRITE THE WORDS. Agora terás que escribir as palabras no seu lugar e logo elixir cinco que che gusten e cinco que non.

2.    FICHA 6 – LIKES AND DISLIKES  (4º PRIMARIA)
Primeiro vedes como se explesan os gustos. Prestade atención.
Try to complete the activity. ( Vai con calma, non hai présa)


3.    Outro video para revisar os nosos gustos e preferencias. “Hobbies vocabulary”



4.    FICHA 7 – LIKE, LOVE, HATE +ING  (4º PRIMARIA)
Tedes que encher os ocos cos verbos (recordade que teredes que engadir –ing ao final do verbo)

5.    FICHA 8 – COLOUR 



NOTA:
As actividades son orientativas e podedes repartir as tarefas, non é necesario que fagades todo xunto. Vós e as vosas familias decidides.
Hai actividades dabondo para todos:
- Os que sempre queredes máis.
- Os que axiña vos cansades

MOITO ÁNIMO! SODES UNS CAMPEÓNS!!