Esta é a ficha de repaso na que estamos traballando en 3º... mira os vídeos para recordar o vocabulario.(Ten en conta que o documento que ven a continuación non é un pdf, son dúas fotografías, se as imprimes pode ser que queden moi pequenas).
Antes de nada queremos recordar a todos, rapaces e rapazas e tamén ás
vosas familias, que as actividades que se vos presentan están pensadas para
chegar a todos vós, para atender á diversidade que hai entre o noso alumnado e
polo tanto haberá tarefas para toda esa gran variedade.
Polo que cada un de vós fará aquelas tarefas que considere que é capaz de
levar adiante de maneira autónoma, ou coa nosa axuda, a das profes, que estamos
para calquera dúbida.
Isto está pensado para todos os gustos e
posibilidades:
Os
que sempre queredes máis
Os
que aceptades o que vos propoñen.
Os
que axiña vos cansades.
Como recomendación abride o blog para poder ir mirando os videos
e seguindo a orde pasiño a pasiño.
Tempo de aprender e tamén de pasalo ben!
Nesta semana imos seguir coas rutinas diarias,
imos dar un paso máis na lectura do reloxo e repasar os días, os meses e as estacións.
Como o vedes??
NOTA: PARA OS DE 4º.
Para enviar as tarefas podedes usar a seguinte dirección de correo:
fifiseijo@cpiares.com
DIA 1 – DAY 1
DAILY ROUTINES
Imos empezar coma xa estades afeitos, cun
video para arrincar con enerxía:
VIDEO 1Magic Food Days of the Week with Steve and Maggie
+ MORE Stories for Children | Wow English TV
Para os
de 3º:isto é novo,
aínda que xa veredes que coñecedes xa a maioría das palabras, o resto, é o
momento de empezar a coñecelas. Pero non vos asustedes, imos ir pouco a
pouco,e non vos esquezades que todo
isto logo imos apréndelo ben no cole…
E os de 4º? Que tal? Como ides coa
memoria?
2. VIDEO 2. Mirade este video antes de
continuar.
Good Morning | Word Power |
PINKFONG Songs for Children
6. FICHA 3 – SHEET 3 –Write every routine in the correct part of the day. (PÁXINA
5)
7. FICHA
4 – SHEET 4. Write about your daily routines:
Teredes que facer frases afirmativas e tamén negativas. Seguro que o facedes
xenial..(PÁXINA 6)
8
. FICHA 5– SHEET5
Como xa estades afeitos esta ficha é para os que lles encanta colorear. Temos a
este rapaz regando as plantas. . (PÁXINA 7)
(NON É NECESARIO ENVIAR O VOSO TRABALLO DAS
FICHAS DE COLOREAR AINDA QUE SE VOS APETECE COMPARTILO PODEDES MANDAR FOTO DO
RESULTADO. ESA FICHA ESTOY SEGURA QUE VOS VAI IR PERFECTA)
AGORA
TOCA DESCANSAR. SEE YOU NEXT DAY!!
DIA 2 – DAY 2
DAYS
OF THE WEEK – MONTHS - SEASONS
A ver como andades de memoria. Hoxe o ides
facer perfecto. Estoy segura, segurísima!!
1. VIDEO 4. Poñede este video
para comenzar as tarefas de hoxe.
Story
to learn the Months of the Year - English Educational Videos | Little Smart
Planet
Antes de pasar cos números imos facer una
ficha máis de recordó dos días, meses e estación.
1. FICHA 10 – SHEET
10. Teredes que completer este vocabulario. SEASONS, MONTHS, WEEK AND PARTS OF THE DAY e despois
mirar o encrucillado e buscar atentamente. Que tal se vos da?? ( páxina 15)
2.VIDEO 7 : The Time Song (Half Past) by Teacher Ham!
Ollo!! Agora é a quenda só para
os de 4º. Soamente aqueles de 3º que queiran probar sorte poden facer estas
fichas que veñen agora a ficha 12 e a ficha 13.
5.
FICHA 12 – SHEET 12.
Repasando a hora. Todos a sabedes pero
non ven mal darle una volta de rosca. (PÁXINA 17) ´- para os rapaces e rapazas de 4º
5. FICHA 13. SHEET 13 – Agora
temos una rapaciña que nos vai contando o que fai e nós teremos que rematar
esas frases escribindo a hora. (PÁXINA
18) – para os rapaces e rapazas de 4º
6. FICHA 14. SHEET 14 – E
voltamos a unha desas fichas que tanto me gustan e que espero que a vós tamén
vos encanten.(PÁXINA 19)