11 may 2020

YUMMY, YUMMY! 1st and 2nd

Esta semana seguimos coa comida. Seguimos falando do que nos gusta e do que non nos gusta, e aprendemos a dicir cal é a nosa comida favorita.
Recordade que na aplicación Navio podedes traballar este tema na unidade 4 de 1º. Aí están as cancións, videos con historias e actividades. Os que queirades que vos dé de alta na aplicación co voso correo electrónico poñédevos en contacto comigo a través do correo paqcha@cpiares.com (tamén podedes contactar comigo para calquera outra cousa, igual que a través da vosa titora) 


Recordade: As actividades son orientativas e podedes repartir as tarefas, non é necesario que fagades todo. Vós e as vosas familias decidides. 
Se non podedes imprimir podedes facer as actividades de escribir nun folio ou nunha libreta, no que teñades. Non hai que copiar os debuxos, poñemos o número da ficha e escribimos (ou debuxamos ou o que se pida) as respostas. Non quedarán tan “escolarmente” ordenadas pero seguro que vos quedarán preciosas igualmente, sodes uns artistas.
Non esquezades que os vídeos son fundamentais para aprender a correcta pronunciación das palabras (HAI QUE VELOS VARIAS VECES NA SEMANA E REPETIR, REPETIR E REPETIR AS PALABRAS)
 1. FOOD DICTIONARY. Esta semana imos empezar revisando o diccionario de comidas que empezamos na semana anterior. Se non empezaches podes empezar facéndoo agora. Recorda: Nunha folla ou cartolina (no que teñades a man) debuxamos e escribimos todas a palabras relacionadas con comida que aprendemos ata agora. Nesta semana hai que ir completando 
2. Vídeo de presentación. Para mirar e aprender algún alimento e comida máis. Pero non hai que aprendelas xusto agora, imos aprendelas durante toda a semana.
3. DINNER TIME. Recordamos as palabras que aprendemos na semana pasada vendo esta pequena historia con Jay, Sue e o seu pai: Hora de cear. (A historia completa podedes vela na aplicación Navio)
4.
WORKSHEET 1.Volve ver o vídeo e presta moita atención. Rodea as comidas que utilizaron para facer a tortilla. Repasa e escribe as comidas que lle gustan e non lle gustan a Jay e Sue.
5. NUMBERS REVISION. Repasamos os números: Volvemos ver o video do outro día…
6.
WORKSHEET 2 Escribe agora… toca contar ovos. Repasamos e escribimos os números (ata 10 para os de 1º e todos os números para os 2º e os que se atrevan de 1º.
7.Video. E agora que xa nos vai doendo a man de tanto escribir, toca unha canción para ver, bailar e desfrutar.
8. MY FAVOURITE FOOD. Cal é a túa comida favorita? Mira este video e vaino pensando
9. WORKSHEET 3. Agora un traballo de ler. Primeiro copia o vocabulario novo
Despois le as frases e une cada unha coa foto. Por último usando a última frase como modelo escribimos cal é a nosa comida favorita e debuxámola(podemos usar todas as palabras que coñecemos, ou as que saen nos vídeos).
Unha aclaración: a palabra para patacas fritidas máis común en inglés británico é chips, en cambio en inglés americano úsase máis a forma French fries, como podedes ver nos vídeos)
10.SONG. Xa para finalizar unha famosa canción infantil británica. Hai que aprendela!. Hai que ter moito coidado cando cociñamos salchichas!
11. WORKSHEET 4. Ler e debuxar a canción.
12. FOOD DICTIONARY: É agora é o momento de revisar, engadir e rematar o noso diccionario de comida.



 1. FOOD DICTIONARY. Check your Food Dictionary an add more words along the week.


 2. MORE FOOD! Watch the video. 
(from English Paradise Kids, https://www.youtube.com/watch?v=jOKdWJbFQ6Y)





3. DINNER TIME. Listen.







4. WORKSHEET 1. Listen the video again. Circle, trace and write.




5. NUMBERS REVISION. Watch the video and repeat the words.

(from Numbers Help Me Count, semple 120,  https://www.youtube.com/watch?v=Zw6Fps2O7XY)







6.WORKSHEET 2. Counting eggs. Write the numbers. 





7.A SONG TO ENJOY.
(from Maple Leaf Learning, https://www.youtube.com/watch?v=CCke0NvGy70 )







 8. MY FAVOURITE FOOD. Watch the video. 
(from Food and Drinks, Armagan Citak, https://www.youtube.com/watch?v=NfgBEsqpljA)






9. WORKSHEET 3. Copy. Read and match. Write your favourite food.


10.LEARN THIS SONG. Be careful with the sausages. 
(from Maple Leaf Learning, https://www.youtube.com/watch?v=B3cDrlJpSFA)





11. WORKSHEET 4. Read and draw. 



12. FOOD DICTIONARY:  Check and complete your Food Dictionary.





 
          HAVE A NICE AND DELICIOUS WEEK!



No hay comentarios:

Publicar un comentario