SEMANA 1 – 5 XUÑO
“WILD AND FREE ANIMALS”
Non esquezades
que para ver os videos so tedes que abrir o Blog de Inglés e darlle no
play.
https://jellywall10.blogspot.com/
Antes de nada queremos
recordar a todos, rapaces e rapazas e tamén ás vosas familias, que as
actividades que se vos presentan están pensadas para chegar a todos vós, para
atender á diversidade que hai entre o noso alumnado e polo tanto haberá tarefas
para toda esa gran variedade.
Polo que cada un de vós fará
aquelas tarefas que considere que é capaz de levar adiante de maneira autónoma,
ou coa nosa axuda, a das profes, que estamos para calquera dúbida.
Isto está pensado para todos os gustos e
posibilidades:
Os
que sempre queredes máis
Os
que aceptades o que vos propoñen.
Os
que axiña vos cansades.
Como recomendación abride o blog para poder ir mirando os videos
e seguindo a orde pasiño a pasiño.
Tempo de aprender e tamén de pasalo ben!
Nesta semana imos coninuar co mundo animal. Wild and free animals.
Como o vedes??
Para o alumnado de 3º que non recordé o
enderezo de correo onde enviar as tarefas:
paqcha@cpiares.com
Para o alumnado de 4º que esqueza o enderezo
de correo onde enviar as tarefas:
fifiseijo@cpiares.com
DIA 1 – DAY 1
OUR BODY.
Imos
empezar coma xa estades afeitos, cun video para arrincar con enerxía e ollo que
a primeira ficha ten dúas partes, a primeira ten que ver co video 1. Logo
parades antes de continuar e mirade o video 2.
1. VIDEO 1 Walking Through the
Jungle | Barefoot Books Singalong
2. FICHA 1. SHEET 1. Nº 1 Nesta primeira
parte da ficha tedes que intentar facer memoria. Onde viven os animais da
canción?? (PÁXINA 3)
3. VIDEO 2: Prepositions
of place for children - The concept of space, for kids - Where things are
5. VIDEO 3. Animals Body Parts -
Memovoc page 64
6. VIDEO 4. Wild animals body
parts talking flashcards
7. FICHA 2– SHEET 2– Body parts vocabulary. Como podedes observer esta ficha só
é para mirar, para recordar e para ten á man por se a necesitamos. (PÁXINA 4)
8. FICHA 3– SHEET 3 – Body parts label. Nesta ocasión
que pensades que teredes que facer?? Tedes que escribir os nomes das partes do corpo
no seu lugar. No é difícil, ide con coidadiño e veredes que sae a fume de
carozo. (PÁXINA 5)
9. FICHA 4 – SHEET 4 E por ultimo esta ficha de colorear. (PÁXINA 6)
10. VIDEO 4: Este video creo que é precioso e ademáis nos amosa que todo é posible.
Silly Symphony Lambert The
Sheepish Lion
DIA 2 – DAY 2
WILD
AND FREE ANIMALS REVISION
Nesta ocasión creo
que non ides ter nin un só erro. Xa veredes coma todo vai ir xenial!
1.. FICHA 5– SHEET 5 – The Zoo. Fixádevos ben. Primeiro sen axuda a ver canto lembrades. E se algún nome se vos complica
revisade no vocabulario anterior. Tedes unha morea de vocabulario para non
esquecervos.(PÁXINA 8)
2. VIDEO 5. What
Is a Habitat? | Science Video for Kids
3. FICHA 6 – SHEET 6 –. Pensádeo antes de dicir que non sabedes. Pensade
onde viven os animais e logo a escribir.Write three animals which live in these
habitats:
(PÁXINA 9)
4. FICHA 7 –
SHEET 7 – Lemos con calma e adiviñade de que animal nos están
a contar. Read and guess the animal. (PÁXINA
10)
5. VIDEO 6: Seguro que estades cansos. Este vai de regalo. Espero que vos guste tanto coma a nós.
The Pink Panther in "Little Beaux Pink"
https://www.youtube.com/watch?v=fyLsEcRhyVo
6. FICHA 8 – SHEET 8 – Vos apetece?? Pois adiante rapaces e rapazas!! A ver que chula vos queda. (PÁXINA 11)
DIA 3 – DAY 3
“WILD
WILD ANIMALS”
E neste día rematamos o noso andar por terras
salvaxes.
1. . FICHA 9– SHEET 9– Que podes contar
destes animais?? Facede un pouquiño de memoria.(PÁXINA 13)
2.VIDEO 7 : Escoitade con atención. Quen se atreve a aprendela??
Seven Continents Song
https://www.youtube.com/watch?v=K6DSMZ8b3LE
4 . FICHA 10– SHEET 10 – Esta ficha é divertida ainda que pode que nos leve
un pouquiño atopar todos estes animaliños.
Na parte de abaixo ide despaciño e lede con atención. Se non vos sae non
pasa nada. O importante é intentalo e pasalo ben. Ánimo! (PÁXINAS 14)
5 VIDEO 8 – Imos
de safari??Entre unha formiga en un oso formigueiro anda a historia. Disfrutade
con este vídeo. Estoy segura de que o faredes!!
Shutter Bugged | The Ant and the Aardvark | Pink
Panther and Pals
6.
FICHA 11 – SHEET 11.
. E coma non, esta última é por puro pracer aos amigos de
colorear!! (PÁXINA 15)
NOTA:
Hai actividades dabondo para todos:
- Os que sempre queredes máis.
- Os que aceptades o que vos proponen.
- Os que axiña vos cansades
A disfrutar da fin de semana!!
MOITO ÁNIMO! SODES UNS
CAMPEÓNS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario