24 may 2020

3º e 4º SEMANA 25 - 29 MAIO THE BODY – “WILD WILD ANIMALS”


THE BODY – “WILD WILD ANIMALS”
Non esquezades  que para ver os videos so tedes que abrir o Blog de Inglés e darlle no play.
https://jellywall10.blogspot.com/
Antes de nada queremos recordar a todos, rapaces e rapazas e tamén ás vosas familias, que as actividades que se vos presentan están pensadas para chegar a todos vós, para atender á diversidade que hai entre o noso alumnado e polo tanto haberá tarefas para toda esa gran variedade.
Polo que cada un de vós fará aquelas tarefas que considere que é capaz de levar adiante de maneira autónoma, ou coa nosa axuda, a das profes, que estamos para calquera dúbida.
Isto está pensado para todos os gustos e posibilidades:
Os que sempre queredes máis
Os que aceptades o que vos propoñen.
Os que axiña vos cansades.
Como recomendación abride o blog para poder ir mirando os videos e seguindo a orde pasiño a pasiño. 

Tempo de aprender e tamén de pasalo ben!
Nesta semana imos recordar o noso corpo Our body e as súas partes. Tamén imos cun tema interesante e moi divertido: O mundo animal. Wild animals.
Como o vedes??
Para o alumnado de 3º que non recordé o enderezo de correo onde enviar as tarefas:
paqcha@cpiares.com
Para o alumnado de 4º que esqueza o enderezo de correo onde enviar as tarefas:
fifiseijo@cpiares.com

DIA 1 – DAY 1
OUR BODY.
  1. Imos empezar coma xa estades afeitos, cun video para arrincar con enerxía:
VIDEO 1 Esconder y buscar partes del cuerpo para los niños | Historias en inglés para los niños English

2. VIDEO 2: Antes de poñernos á faena imos refrescar ben a nosa memoria. Mirade este video:  Body Parts Vocabulary

3. FICHA I. SHEET 1. Agora tedes dúas opcións para facer esta ficha. Vós sodes os que ides decidir cal opción é máis axeitada para cada un. (PÁXINAS 3 e 4)
OPCIÓN A : MIrade o vocabulario e logo completades a seguinte ficha cos nomes das partes do corpo sen mirar ata rematar.
OPCIÓN B: Completades a ficha das partes do corpo e logo comprobades as vosas respostas mirando o solucionario.


4. VIDEO 3.  Continuamos con este video que deberedes ver con atención. Se necesitades ir parando cada pouco non hai problema.
The parts of the body and their uses


5.  Isto ten boa pinta. Agora que xa refrescáchedes a vosa memoria imos ao lío: Como se vos dan os encrucillados?
 FICHA 2SHEET  2– Parts of the body. Fill in the crossword and find the hidden words. (PÁXINA 5)


6. FICHA 3– SHEET 3 – The body. Primeiro teredes que colocar os nomes das partes do corpo onde corresponda. Logo  completar cos adxectivos do cadro. E a última parte , ollo!! Non é para copiar o texto. Teredes que facer un texto parecido pero falando de vós mesmos.  Esta última parte é para os de 4º e aqueles de 3º que o queiran intentar.(PÁXINA 6)


7. FICHA 4 – SHEET 4  E por ultimo esta ficha de colorear. Podedes guiarvos polo modelo ou facer a vosa propia versión. (PÁXINA 7)

 8. VIDEO 4: Penso que recordaredes este video. Esta vez está convertido nun xogo. Para os que lles gustan os xogos este é ideal. Bingo!! Teredes que pinchar no link.
Pink Panther: Cleanliness (body parts)
 


AGORA TOCA DESCANSAR. SEE YOU NEXT DAY!!
DIA 2 – DAY 2

THE BODY- REVISION – WILD ANIMALS

Imos continuar un pouquiño máis a ver se controlades todiño. Estoy segura de que si, segurísima!!
1. VIDEO 5. Poñede este video para comenzar as tarefas de hoxe.
Body Parts Song for Kids - This is ME! by ELF Learning - ELF Kids Videos Song

2. FICHA 5– SHEET 5 – The body. Describing people. A primeira parte é moi sinxela. Só tedes que colocar os nomes das partes do corpo no seu lugar correspondente.
A segunda actividade é para pensar un pouco máis. Tedes que ir arrodeando a opción correcta mirando polo debuxo da nena. Ollo ao piollo!!(PÁXINA 9)

3. VIDEO 6: Agora pasamos do noso corpo ao dos animais. Animais salvaxes que sei que vos encantan. Así que para entrar en materia comezamos vendo este video tan chulo:

Steve and Maggie Racing through a Wild Animal Safari | Learn English Kids in English funny stories

https://www.youtube.com/watch?v=tauBp7Nb4v8

4. FICHA 6 e 7 – SHEET 6 e 7–. As seguintes fichas só son de vocabulario. Son para que as teñades á man e que vexades cantos animaliños podemos observar. (PÁXINA 10, 11)


5. VIDEO 6: Antes de pasar coa seguinte ficha, veremos este video.   

Animal Stories for Kids | Wild Animals from Steve and Maggie | English Stories by Wow English TV

https://www.youtube.com/watch?v=g-Klv7TNyfs

6. FICHA 8 – SHEET 8 – . Só tedes que coller unas tesoiras, recortar e colocar os nomes no seu lugar axeitado. (PÁXINA 12 )


7. FICHA 9– SHEET 9– Describindo un animal!!. Fíxate nos exemplos e  como o porquiño fala del mesmo e cando é outro o que o describe. Agora tócache a ti contar destes animais..(PÁXINA 13)

8. FICHA 10 – SHEET 10. Esta para os afeccionados ás manualidades. Queredes ter un dado de animais?? So tedes que pegar nunha cartolina para que teña máis consistencia e logo recortar e pegar. (PÁXINA 14)

DIA 3 – DAY 3

“WILD WILD ANIMALS”
E continuamos traballando cos animais salvaxes que sei que vos gustan moito.
1. . FICHA 11– SHEET 11–Un momento para escribir. Con calma e boa caligrafía. Teredes que escribir as frases nos sitios axeitados..(PÁXINA 16)
1. FICHA 12 – SHEET 12. Nesta ocasión teredes que completar esta ficha contando que animal é, onde vive e o que come coma se fosedes vós cada un deses animaliños tan cuquis.( PÁXINA 17)

2.VIDEO 7 : Que vos parece volver a ver este video para refrescar a nosa memoria?

Animal Stories for Kids | Wild Animals from Steve and Maggie | English Stories by Wow English TV

https://www.youtube.com/watch?v=g-Klv7TNyfs

Ollo!! Agora é a quenda só para os de 4º. Soamente aqueles de 3º que queiran probar sorte poden facer estas fichas que veñen agora a ficha 12 e a ficha 13.

3 . FICHA 13 e 14–  SHEET 13 and 14 Esta ficha ten dúas páxinas. Non o esquezades xa que as actividades están relacionadas. Prestade atención.
1º Teredes que ler as descricions que aparecen na actividade 1 e emparellar co animal que corresponda.
2º  Logo teredes que colocar a información das descricións no seu cadro correspondente e se podedes engadir algo máis que saibades deses animais.
3º Lede o diálogo, lede con atención.
4º Coa información que aparece no diálogo teredes que escribir nos cadros correspondentes
5º Agora so vos queda facer vós una descripción dun animal pero non podedes dicir o seu nome.(PÁXINAS 18 e 19)

4 VIDEO 8 – Este video é incrible. Moi, moi chulo!!

The Pink Panther in "It's Pink, But Is It Mink?"

5. FICHA 15 – SHEET 15.  . (PÁXINA 20) E coma non, esta última é por puro pracer aos amigos de colorear!!

NOTA:
Hai actividades dabondo para todos:
- Os que sempre queredes máis.
- Os que aceptades o que vos proponen.
- Os que axiña vos cansades
A disfrutar da fin de semana!!




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario