Mostrando entradas con la etiqueta prepositions. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta prepositions. Mostrar todas las entradas

26 abr 2020

HOME SWEET HOME - 3rd and 4 th ACTIVITIES




3º e 4º
SEMANA 27 - 30 ABRIL
“HOME SWEET HOME”
THE HOUSE -  THERE IS / THERE ARE - ABILITIES
Ola de novo rapaces e rapazas.! Fogar doce fogar!

“HOME, HOME, SWEET, SWEET HOME,
BE IT EVER SO HUMBLE, THERE'S NO PLACE LIKE HOME.”
  
Non hai mellor lugar que o noso fogar. E coma non, é momento de lembrar e refrescar a nosa memoria.. Será fantástico, con algunha sorpresa e… tamén divertido!!

Esta semana temos un festivo ainda que o traballo está repartido para facer en tres veces para que vos resulte máis levadeiro. Recordade que calquera das tarefas son suxerencias para traballar o que xa tedes aprendido e se vos parece moito podedes reducir e deixar algunhas.
Isto está pensado para todos os gustos:
Os que sempre queredes máis
Os que aceptades o que vos propoñen.
Os que axiña vos cansades.


Recordade que  aqueles que non tedes impresora, como xa sabemos que sodes uns grandes artistas, , ... poñede o número da ficha e as respostas e logo…  a debuxar rapaces e rapazas!!

DIA 1 – DAY 1

1.    Imos empezar coma xa estades afeitos, cun video para arrincar con enerxía:
VIDEO 1: Welcome to my house (English Dialogue) - Educational video for Kids
Presentación das habitacións e o que se fai nelas.
Que tal? Como ides coa memoria?
2.    Imos á FICHA 1SHEET  1 - parts-of-the-house-and-furniture 1 (páxina 5)
(podedes facela directamente no ordenador ou imprimila, e con tranquilidade)


  1. VIDEO 2: Learning the Bedroom - Vocabulary for kids (seguro que o sabedes todiño!!)
(aínda que ides escoitar  e ver closet  neste video vós o coñecedes coma wardrobe)
4.    VIDEO 3: English Bedroom Vocabulary Flashcards For Children To Learn And Study English Language
5.    Agora xa está todo máis que sabido,, non si?
FICHA 2- SHEET 2  –  parts-of-the-house-and-furniture 2 (páxinas 6)



DIA 2 – DAY 2

THE HOUSE - THERE IS / THERE ARE
Imos seguir un pouco máis lembrando e divirtíndonos.
1.    FICHA 3 – SHEET 3  furniture vocabulary (páxina 7)

2.    FICHA 4 – SHEET 4 –“messy room prepositions” (páxina 8)

  1. Imos ver outro video antes de poñernos á faena. Como andades de voz??
VIDEO 4: My room vocabulary song in English for kids. Furniture, pets, objects. Learning songs.
  1. FICHA 5 - SHEET 5- my favourite place at home (páxinas 9)
  2. FICHA 6SHEET 6 - JIGSAW PUZZLE (THE HOUSE) páxinas 10 e 11)
Esta última é opcional, para aqueles que lles guste colorear, recortar, pegar.
Tedes dous crebacabezas a elixir, eu non fun quen de decidir, porque as dúas opción me parecen bonitiñas.
O primeiro que tedes que facer é decidir se vos apetece preparar un crebacabezas.
Se a resposta é que si aquí vos deixo os pasos:
1.    Colorear a casa que vos guste máis.
2.    Pega con coidado e moi ben a ficha coloreada nun cartón, unha Caixa de galletas ou algo polo estilo ou nunha cartolina se tedes algunha por casa.
 

Pega con coidado e moi ben a ficha coloreada nun cartón, unha Caixa de galletas ou algo polo estilo ou nunha cartolina se tedes algunha por casa.
3.    Deixa secar ben.
4.    Recorta con coidado seguindo as liñas.
5.    Xa tes un crebacabezas para xogar ou para regalarlle a alguén!!!

(NON É NECESARIO ENVIAR O VOSO TRABALLO, AINDA QUE SE VOS APETECE COMPARTILO PODEDES MANDAR FOTO DO RESULTADO)

DIA 3 – DAY 3

ABILITIES – CAN / CAN’T

           E ainda que estamos na casa podemos facer moitísimas cousas. So necesitamos un pouquiño de imaxinación e veredes que vos ides sorprender!!

1.    Recordando non hai lugar ao erro. Imos primeiro ver este video antes de poñernos á faena.
VIDEO 5 : Action and Activities flashcards | What I can do | by BabyA Nursery Channel
2.    Agora toca comprobar canto recordades e que habilidades tedes.
FICHA 7 –  SHEET 7 . FICHA 7 - can-expressing-ability (páxina 12)


3.    VIDEO 6 - Sports, actions and Can/Can't
4.    FICHA 8 –  SHEET 8 - actions verbs infinitive ing form (páxina 13)

5.    VIDEO 7 What can you do? (US version) Vos apetece cantar???
6.    FICHA 9 – SHEET 9– I can do at home ( a ver cómo se vos da isto de escribir, de seguro que fenomenal) (páxina 14)

7.    FICHA 10 – SHEET 10 – SÓ SE VOS APETECE. Estes MInnions o dan todo, todiño!!CAN YOU DO IT?? (páxina 15)

NOTA:
Recordade:
As actividades son orientativas e podedes repartir as tarefas, non é necesario que fagades todo xunto. Vós e as vosas familias decidides.
Hai actividades dabondo para todos:
- Os que sempre queredes máis.
- Os que aceptades o que vos proponen.
- Os que axiña vos cansades

MOITO ÁNIMO! SODES UNS CAMPEÓNS!!



20 abr 2020

ACTIVITIES 3th AND 4th - SEMANA DO 20 AO 24 ABRIL - ACTIVIDADES PARA APRENDER E DIVERTIRSE


3º e 4º
SEMANA 20 – 24 ABRIL
“Keep calm and stay at home”
FAMILY- THE HOUSE -THERE IS / THERE ARE - PREPOSITIONS
Ola de novo rapaces e rapazas.! Como di o refrán en abril augas mil!!
“APRIL SHOWERS  BRING MAY FLOWERS!”
Dende casa e con tranquilidade imos ver canto recordamos. Sei que todos sodes moi listos e seguro que vai ser moi sinxelo e tamén divertido!!
Recordade que  aqueles que non tedes impresora, como xa sabemos que sodes uns grandes artistas, , ... poñede o número da ficha e as respostas e logo…  a debuxar rapaces e rapazas!!

DIA 1 – DAY 1
1.    Imos empezar cun video para arrincar con enerxía:


Que tal? Fácil, non?
2.    Imos á FICHA 1SHEET 1 para repasar e recordar os membros da familia. Logo completamos Who is it - (páxina 4)
MEMBERS OF THE FAMILY (poñede atención e non vos botedes a correr, non hai presa!!)



3.    Agora que sabedes un pouco máis imos revisar o vocabulario. Esta é divertida!
FICHA 2- SHEET 2  The Simpson Family – Read and complete the family tree  (páxinas 5 e 6)
  1. My house. Seguimos lembrando cousiñas. Imos ver este video con atención.
VIDEO 2: Kids vocabulary - House - Parts of the House - Learn English for kids - English educational video
https://www.youtube.com/watch?v=R9intHqlzhc
  1. FICHA 3 – SHEET 3  – Agora lle toca a quenda á casa – The house-vocabulary. como o vedes??. (páxina 7)
  2. Imos ver outro video antes de poñernos á faena.
VIDEO 3: Learn Rooms of the House | Talking Flashcards
  1. FICHA 4 – SHEET 4 – A traballar, le ben as instruccións para facer o que se che pide. (páxinas 8 e 9)
  2. E un último video para cantar ao ritmo. Prohibido desafinar!!
VIDEO 4: 'My House' Song (Rooms & furniture in the home) English on Tour


DIA 2 – DAY 2

THE HOUSE - THERE IS / THERE ARE

           Como andades de memoria??  Imos ver…
1.    Imos revisar se lembrades o que fixéchedes onte. Empezamos cunha lectura que fala de Lucia’s House.
FICHA 5 – SHEET 5 -  Read the description – Copy the words and draw. (páxina 10)


2.    Agora imos ver canto recordades do uso de There is / There are
Primerio prestamos atención a este video que nos vai axudar a recordar un pouquiño.
VIDEO 5: Easy Grammar 2: There is / There are
Que tal? Seguro que o sabedes todiño!!!

3.    FICHA 6 – SHEET 6.  Practicamos o uso de There is / There are. Non vos preocupedes se non sabedes todo. Ao rematar podedes mirar o seguinte video e voltar á ficha. Seguro que sodes capaces de facelo xenial. (PÁXINA 11)


4.    Outro video para revisar o uso de There is / There are dun xeito un pouco menos formal (en especial para aqueles que vos resulte un pouquiño difícil entender o primeiro.
VIDEO 6 : Cómo usar THERE IS / THERE ARE en Inglés


5.    De seguro que ides cansos, así que este video é para que o disfrutedes un pouco. Creo que o ides pasar ben:
VIDEO7 : Sesame Street: There's a Fly in the Soup | Waiter Grover
Non o teño moi claro despois de ver o video!!!


DIA 3 – DAY 3

PREPOSITIONS OF PLACE

           E aquí seguimos, sei que estades a traballar moitísimo. Moitas grazas e moito ánimo.
1.    Agora toca comprobar se sabedes usar as preposicións con xeito.
Primeiro vemos este video e adiante!!
VIDEO 8: Kids vocabulary - Where?(in, on, under) - Learn English for kids - English educational video

2.    FICHA 7 –  SHEET 7 . READ AND MATCH. Ollo ao piollo! ( lede con atención antes de unir as imaxes e o vocabulario.(páxina 12)


3.    Un pouco de relax con este outro video para revisar as preposicións de lugar:
VIDEO 9 : Where is Sam? House/ Furniture/ Prepositions

4.    FICHA 8 –  SHEET 8 - A ver se o temos clariño. Máis pero faciliño igualmente. Veña!!! (páxina 13)

5.    Algúns queredes máis, así que sodes libres de elixir se queredes practicar con estas derradeias fichas.
FICHA 9 – SHEET 9– COLOREADE ESTA BONITA FICHA LIBREMENTE (PÁXINA 14)


NOTA:
Recordade:
As actividades son orientativas e podedes repartir as tarefas, non é necesario que fagades todo xunto. Vós e as vosas familias decidides.
Hai actividades dabondo para todos:
- Os que sempre queredes máis.
- Os que axiña vos cansades

MOITO ÁNIMO! SODES UNS CAMPEÓNS!!