10 may 2020

3th and 4th - SEMANA 11- 15 MAIO “TIK TOK - TIME TO ENJOY ”

 
“TIK TOK - TIME TO ENJOY ”
DAILY ROUTINES – WHAT’S THE TIME - NUMBERS
Ola de novo rapaces e rapazas.! Tempo para disfrutar!
Antes de nada queremos recordar a todos, rapaces e rapazas e tamén ás vosas familias, que as actividades que se vos presentan están pensadas para chegar a todos vós, para atender á diversidade que hai entre o noso alumnado e polo tanto haberá tarefas para toda esa gran variedade.
Polo que cada un de vós fará aquelas tarefas que considere que é capaz de levar adiante de maneira autónoma, ou coa nosa axuda, a das profes, que estamos para calquera dúbida.
Isto está pensado para todos os gustos e posibilidades:
Os que sempre queredes máis
Os que aceptades o que vos propoñen.
Os que axiña vos cansades.
Como recomendación abride o blog para poder ir mirando os videos e seguindo a orde pasiño a pasiño.
A ORDE ESTA SEMANA CAMBIA UN POUCO,, A VER SE VOS RESULTA MÁIS SINXELO.
 DAY 1 – EXPLICACIÓN E FICHAS,
 DAY 2 COAS CORRESPONDENTES ACTIVIDADES
E POR ÚLTIMO DAY 3 E AS TAREFAS.

Vai ser unha semana interesante e... tamén divertida!!
Esta semana recordaremos as rutinas diarias, como se expresa a hora e tamén recordaremos os  números.
Como o vedes??
Recordade que  aqueles que non tedes impresora, tedes dúas alternativas, contactar co concello e que vos leven as fichas á casa ou como xa sabemos que sodes uns grandes artistas, , ... poñede o número da ficha e as respostas e logo…  a debuxar rapaces e rapazas!!

DIA 1 – DAY 1
 https://youtu.be/gGr_wgNcndk

DAILY ROUTINES
  1. Imos empezar coma xa estades afeitos, cun video para arrincar con enerxía:
VIDEO 1 Brush your Teeth Song for Kids + MORE Stories from Steve and Maggie | Free Speaking Wow English TV
A nosa rutina diaria dende que espertamos ata que remata o día.
 Para os de 3º: isto é novo, aínda que xa veredes que coñecedes xa a maioría das palabras, o resto, é o momento de empezar a coñecelas. Pero non vos asustedes, imos ir pouco a pouco,  e non vos esquezades que todo isto logo imos apréndelo ben no cole…
E os de 4º? Que tal? Como ides coa memoria?
2.     Este video vos vai axudar a lembrar todo ese vocabulario que tedes gardadiño nas vosas cabeciñas.
VIDEO 2 : Daily routines- Routines- Learn english for kids-Educational videos-kids

3.     Agora xa estades preparados para a faena, collede lapis, sacudide a vosa cabeza e, imos aló:

 FICHA 1SHEET  1–DAILY ROUTINES VOCABULARY. Antes de pasar á seguinte prestade atención ao vocabulario. Buscade na vosa memoria e cando vexades que estades listos pasamos á 2º ficha que é esta mesma pero muda. (PÁXINA 3)

FICHA 2 – SHEET 2 – Agora sen mirar, intentade completar o vocabulario. Podedes facer os intentos que necesitedes, así recordaredes moito mellor este vocabulario tan chulo.
Como vos foi?? (PÁXINA 4)

Podedes intentar facela noutro momento a ver se realmente sabedes todiño todo.
  1. VIDEO 3: Pinchade neste video antes de pasar á seguinte ficha: Kids vocabulary - My Day - Daily Routine - Learn English for kids - English educational vo
  1. FICHA 3 – SHEET 3 –  Volvede a ver o video antes de completer esta ficha. Parádeo se o necesitades. Non é unha carreira e escribir nos leva un pouquiño. (PÁXINA 5)
Write Jim’s daily routines in order.
  1. FICHA 4 – SHEET 4. Como ides ? Ben, ben faciliña, para os que queren afianzar e non esquecer.  Une as expresión co debuxo correspondente.(PÁXINA 6)

  1. VIDEO 4. Para descansar un pouco e divertiros aquí vos deixamos á Pink Panther.
Cleanliness is Next to Pinkliness | Pink Panther and Pals
https://www.youtube.com/watch?v=Wg5ChyHn8o4&list=PLX3n3qblvibMy_zGQ3gOqJJQ3YK3WiN-1&index=18&t=0s
  1. FICHA 5– SHEET 5 Como xa estades afeitos esta ficha é para os que lles encanta colorear. Temos a Bart .  (PÁXINA 7)
AGORA TOCA DESCANSAR. SEE YOU NEXT DAY!!

DIA 2 – DAY 2

WHAT TIME IS IT?
Imos seguir un pouco máis lembrando e divirtíndonos.
1. VIDEO 5. Hoxe toca falar da hora. Así que comezamos con este video para recordar.
Learn to Tell Time #1 | Telling the Time Practice for Children | What's the Time? | Fun Kids English

2.    FICHA 6– SHEET 6 – Despois de ver o video faremos esta ficha. A ver se recordamos como poner a hora. Adiante rapaces!! (PÁXINA 9)

3.    VIDEO 6: Cinderella - What time is it? (Asking the Time) - Popular English story for Kids

https://www.youtube.com/watch?v=BBRtA5vQfWg

4.    FICHA 7– SHEET 7– Esta non é difícil, nadiña. Teredes que colocar as accións no seu lugar e debuxar as agullas do reloxo según a vosa realidade (en condicións normais, non en confinamento). (PÁXINA 10)

è 5. VIDEO 7. . [Time] What time is it? Time for breakfast. - Easy Dialogue - English video for Kids

2.    FICHA 8 – SHEET 8 –  Para 4º, e quen se atreva de 3º. Recordando a hora. Prestade moita atención que igual pode confundirvos. (PÁXINA 11)

8.    VIDEO 8. Simplemente prestade atención ao video para ter todo ben clariño.

Time and Daily Routines


https://www.youtube.com/watch?v=zHWtWOIn3RY

7.    FICHA 9– SHEET 9 – Coma sempre, para os afeccionados a colorear. Espero que vos guste.(PÁXINA 12)


(NON É NECESARIO ENVIAR O VOSO TRABALLO DAS FICHAS PARA OS ARTISTAS AINDA QUE SE VOS APETECE COMPARTILO PODEDES MANDAR FOTO DO RESULTADO)


DIA 3 – DAY 3

NUMBERS
Os números están en todas partes: Na data, no nº das páxinas, cando contamos os cromos, nos presos das cousas, nos arrodean aínda que non nos deamos conta e por iso son importantes, porque forman parte do noso día a día.
A ver como andades de memoria…

è 1.VIDEO 9 : Counting Numbers for Kids | Bedtime Stories from Steve and Maggie | Speaking Wow English TV | ESL

https://www.youtube.com/watch?v=aRFFriLr7Zs

2 . FICHA 10 e 11–  SHEET 10 and 11- Recordades ben os números??? Estas dúas fichas son para completar (coidado co guión nos números que o precisen) , ter, usar cando dubidemos e para gardar.(PÁXINAS 14 E 15)


3. VIDEO 10 – Quen se atreve a cantar?? Afinade ben a voz e adianta rapaces e rapazas!!
 DJ Count | Count to 100 | Jack Hartmann
4. FICHA 12 – SHEET 12. Terás que elixir axeitadamente entre os números .(PÁXINA 16)

5. FICHA 13. SHEET 13 – Tempo para escribir os números, pouco a pouco. Non é necesario facer todo dunha vez. Se vos cansades deixádea para máis tarde. (PÁXINA 17)

6. FICHA 14. SHEET 14 – Esta pode que nos leve un pouquiño máis. Como andades de cálculo? Probade a facela sen mirar polo vocabulario. (PAXINA 18)

7. FICHA 15- SHEET 15 – Recordade que a última é para os afeccionados a colorear. Creo que vos vai gustar. (PÁXINA 19)

8. VIDEO 11 –  Este último vai de regalo para que pasedes un bo momento. Espero que vos guste.
Wrong Number | Funny Clips | Mr Bean Official
A disfrutar da fin de semana!!
NOTA:
Recordade:
As actividades son orientativas e podedes repartir as tarefas, non é necesario que fagades todo xunto. Vós e as vosas familias decidides.
Hai actividades dabondo para todos:
- Os que sempre queredes máis.
- Os que aceptades o que vos proponen.
- Os que axiña vos cansades

MOITO ÁNIMO! SODES UNS CAMPEÓNS!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario