16 may 2020

3º e 4º - SEMANA 18- 22 MAIO “GOOD MORNING ”


3º e 4º
SEMANA 18- 22 MAIO
“GOOD MORNING ”
DAILY ROUTINES – WHAT’S THE TIME - NUMBERS
Ola de novo rapaces e rapazas.! Antes de nada, para ver os videos so tedes que abrir o Blog de Inglés e darlle no play.
https://jellywall10.blogspot.com/
Antes de nada queremos recordar a todos, rapaces e rapazas e tamén ás vosas familias, que as actividades que se vos presentan están pensadas para chegar a todos vós, para atender á diversidade que hai entre o noso alumnado e polo tanto haberá tarefas para toda esa gran variedade.
Polo que cada un de vós fará aquelas tarefas que considere que é capaz de levar adiante de maneira autónoma, ou coa nosa axuda, a das profes, que estamos para calquera dúbida.
Isto está pensado para todos os gustos e posibilidades:
Os que sempre queredes máis
Os que aceptades o que vos propoñen.
Os que axiña vos cansades.
Como recomendación abride o blog para poder ir mirando os videos e seguindo a orde pasiño a pasiño.
Tempo de aprender e tamén de pasalo ben!
Nesta semana imos seguir coas rutinas diarias, imos dar un paso máis na lectura do reloxo e repasar os días, os meses e as estacións.
Como o vedes??
NOTA: PARA OS DE 4º.
Para enviar as tarefas podedes usar a seguinte dirección de correo:
fifiseijo@cpiares.com



DIA 1 – DAY 1
DAILY ROUTINES
  1. Imos empezar coma xa estades afeitos, cun video para arrincar con enerxía:
VIDEO 1 Magic Food Days of the Week with Steve and Maggie + MORE Stories for Children | Wow English TV

Para os de 3º: isto é novo, aínda que xa veredes que coñecedes xa a maioría das palabras, o resto, é o momento de empezar a coñecelas. Pero non vos asustedes, imos ir pouco a pouco,  e non vos esquezades que todo isto logo imos apréndelo ben no cole…
E os de 4º? Que tal? Como ides coa memoria?

2. VIDEO 2. Mirade este video antes de continuar.
Good Morning | Word Power | PINKFONG Songs for Children


3. Agora xa estades preparados para a faena, collede lapis, sacudide a vosa cabeza e, imos aló:
FICHA 1SHEET  1–. Ficha greetings. Teredes que ir colocando os saúdos no seu lugar correspondente e despois colorear. (PÁXINA 3)



4. FICHA 2 – SHEET 2 – Parts of the day. Teredes que completer as frases. Use the expressions in the box. (PÁXINA 4)


5. VIDEO 3: The Greetings Song

6. FICHA 3 – SHEET 3 –  Write every routine in the correct part of the day. (PÁXINA 5)

7. FICHA 4 – SHEET 4. Write about your daily routines: Teredes que facer frases afirmativas e tamén negativas. Seguro que o facedes xenial..(PÁXINA 6)


8 . FICHA 5– SHEET 5 Como xa estades afeitos esta ficha é para os que lles encanta colorear. Temos a este rapaz regando as plantas. .  (PÁXINA 7)

(NON É NECESARIO ENVIAR O VOSO TRABALLO DAS FICHAS DE COLOREAR AINDA QUE SE VOS APETECE COMPARTILO PODEDES MANDAR FOTO DO RESULTADO. ESA FICHA ESTOY SEGURA QUE VOS VAI IR PERFECTA)
AGORA TOCA DESCANSAR. SEE YOU NEXT DAY!!
 
DIA 2 – DAY 2

DAYS OF THE WEEK – MONTHS - SEASONS

A ver como andades de memoria. Hoxe o ides facer perfecto. Estoy segura, segurísima!!
1. VIDEO 4. Poñede este video para comenzar as tarefas de hoxe.
Story to learn the Months of the Year - English Educational Videos | Little Smart Planet


2. FICHA 6– SHEET 6 – Collede as tesoiras e o pegamento. Teredes que cortar e pegar na orde correspondente. Ollo ao piollo!!(PÁXINA 9)


3. VIDEO 5: "A Week Is Seven Days" by ABCmouse.com

https://www.youtube.com/watch?v=V1lm3u9cFEw 

4. FICHA 7– SHEET 7–. Months of the year. Eu penso que os sabedes ben, tede coidado ao escribir. Non vos apuredes. (PÁXINA 10)

 

5. VIDEO 6: Antes de pasar coa seguinte ficha, non deixedes de mirar este video.  Gústavos o rap?? É súper!!

Los Meses Del Año | Días De Cada Mes | Canción Para Los Niños

https://www.youtube.com/watch?v=bZD_BhtiXuU

6. FICHA 8 – SHEET 8 –  . Esta é un pouco mais completiña. Revisión da vosa memoria. (PÁXINA 11)

7. FICHA 9– SHEET 9 – Coma sempre, para os afeccionados a colorear. Espero que vos guste.(PÁXINA 12)



DIA 3 – DAY 3

NUMBERS

Antes de pasar cos números imos facer una ficha máis de recordó dos días, meses e estación.

1. FICHA 10SHEET 10. Teredes que completer este vocabulario. SEASONS, MONTHS, WEEK AND PARTS OF THE DAY e despois mirar o encrucillado e buscar atentamente. Que tal se vos da?? ( páxina 15)

2.VIDEO 7 : The Time Song (Half Past) by Teacher Ham!

https://www.youtube.com/watch?v=CFswaCX5mAA

3 . FICHA 11–  SHEET 11 – Que tal vos levades coa hora?? What time is it?? (páxina 16)


4 VIDEO 8 – Este video mola moito, moitísimo. Os más atrevidos podedes intentar cantar e os que non tanto podedes pasar un bo momento escoitandoo.

Telling Time to the Half Hour and Hour Song | 1st Grade & 2nd Grade


Ollo!! Agora é a quenda só para os de 4º. Soamente aqueles de 3º que queiran probar sorte poden facer estas fichas que veñen agora a ficha 12 e a ficha 13.
5. FICHA 12 – SHEET 12.  Repasando a hora. Todos a sabedes pero non ven mal darle una volta de rosca. (PÁXINA 17) ´- para os rapaces e rapazas de 4º


5. FICHA 13. SHEET 13 – Agora temos una rapaciña que nos vai contando o que fai e nós teremos que rematar esas frases escribindo a hora. (PÁXINA 18) – para os rapaces e rapazas de 4º


6. FICHA 14. SHEET 14 – E voltamos a unha desas fichas que tanto me gustan e que espero que a vós tamén vos encanten.(PÁXINA 19)

NOTA:
Hai actividades dabondo para todos:
- Os que sempre queredes máis.
- Os que aceptades o que vos proponen.
- Os que axiña vos cansades
A disfrutar da fin de semana!!

MOITO ÁNIMO! SODES UNS CAMPEÓNS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario