Os que tedes a aplicación Navio podedes traballar este tema na unidade 4 de 1º. Encontraredes cancións, videos con historias e actividades. Os que queirades que vos dé de alta na aplicación poñédevos en contacto comigo a través do correo.
Recordade: As actividades son orientativas e podedes repartir as tarefas, non é necesario que fagades todo xunto. Vós e as vosas familias decidides.
Se non podedes imprimir podedes facer as actividades de escribir nun folio ou nunha libreta, no que teñades. Non hai que copiar os debuxos, poñemos o número da ficha e escribimos (ou debuxamos ou o que se pida) as respostas. Non quedarán tan “escolarmente” ordenadas pero seguro que vos quedarán preciosas igualmente, sodes uns artistas.
Non esquezades que os vídeos son fundamentais para aprender a correcta pronunciación das palabras (HAI QUE VELOS VARIAS VECES NA SEMANA E REPETIR, REPETIR E REPETIR AS PALABRAS)
1. Vídeo de presentación. Para mirar e desfrutar escoitando atentamente.
2. Escoitar e repetir. As primeiras palabras que imos aprender.
3. WORKSHEET 1. Escribimos esas palabras: repasar, copiar, unir, volver a escribir e volver a ver o video anterior sinalando a palabra na ficha e dicíndoa en alto.
4. Mira este video e repite con Steve: Aprendemos a dicir o que nos gusta.
5.WORKSHEET 2. Agora imos escribir o que nos gusta e o que non nos gusta. . Podemos usar todas as palabras que coñecemos.
6. MAKE YOUR PERFECT PIZZA. Fai ou imaxina a túa pizza favorita, faille unha foto ou debúxaa e ponlle que leva. Tamén podedes facelo nun arquivo informático e envialo, pero recordade que son @s nen@s os que teñen que escribir as palabras. Podedes facer algo parecido á imaxe que está máis abaixo.
7. FOOD DICTIONARY: Imos poñer todas as palabras que aprendemos xuntas. Nunha folla ou cartolina (no que teñades a man) debuxamos e escribimos todas a palabras relacionadas con comida que aprendemos ata agora. O título “Food Dictionary”… e hai que ter sitio para logo engadir máis. Tamén podedes facer un minilibro (“minibook”, é unha das cousas que á rapazada de 2º gústalle máis, preguntádelles como facelo)
8. SONG. E a ti que che gusta? Gústanche os espaguetis? E os iogures? Gústanche os yogures de espagueti? Esta canción hai que aprendela.
9. WORKSHEET 3. Volve a poñer a canción. Aprendemos a preguntar e responder o que nos gusta. Escribe a resposta correcta según a canción (mira ben como se escribe na parte de arriba da ficha)
10. WORKSHEET 4. Con que podemos facer unha tortilla? E unha ensalada? Pregunta e escribe (mira nas actividades anteriores como se escriben as palabras) Logo responde ás preguntas.
11. FOOD DICTIONARY: Engadimos as palabras novas no noso diccionario (na próxima semana, máis)
12. E agora para rematar un video para rir un pouco.
1. Steve is cooking a pizza! Watch the video.
( from Wow English TV, Steve and Maggie, https://www.youtube.com/watch?v=UBEVc_9j1k4)
2.Watch, listen and repeat.
3. WORKSHEET 1. Trace, copy. Match and write.
4. Watch, listen and repeat with Steve.
(from Wow English TV, Steve and Maggie, https://www.youtube.com/watch?v=aVC2ekVlb7I )
5.WORKSHEET 2. Look and write.
6. MAKE YOUR PERFECT PIZZA.Make or imagine your perfect pizza. Take a photo or draw it. Label its ingredients. You can do it like this:
7. FOOD DICTIONARY: Start your food dictionary in a sheet of paper or a cardboard. You can make a minibook, too.
8. Learn this song.
(from Super Simple Songs, https://www.youtube.com/watch?v=ddDN30evKPc)
9. WORKSHEET 3. Write the answers.
10. WORKSHEET 4. Write the ingredients.
11. FOOD DICTIONARY. Add new words to your Food Dictionary from Activity 7.
12. Time to laugh with the Pink Panther.
(from Official Pink Panther, https://www.youtube.com/watch?v=_rd6Ad6F-80)
TEDES MÁIS PROPOSTAS DE TRABALLO SOBRE COMIDAS
NAS ACTIVIDADES DE 3º E 4º,
AO MELLOR APETÉCECHE VER OS VIDEOS OU FACER ALGUNHA DELAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario