Esta semana
o tema segue a segue a ser a familia, os distintos tipos de familias. O título,
Home Sweet Home (Fogar doce fogar), é a típica frase que se atopa nas alfombras
da porta da casa. Imos seguir traballando cos números do 1 ao 20 e aprender e
repasar os adxectivos big (grande) e small (pequeño).
Recordade: As actividades son orientativas e
podedes repartir as tarefas, non é necesario que fagades todo xunto. Vós e as
vosas familias decidides.
Se non podedes imprimir, podedes facer as actividades
de escribir nun folio ou nunha libreta, no que teñades. Non hai que copiar os
debuxos, poñemos o número da ficha e escribimos (ou debuxamos ou o que se pida)
as respostas. Non quedarán tan “escolarmente” ordenadas pero seguro que vos
quedarán preciosas igualmente, sodes uns artistas.
Non esquezades que os vídeos son fundamentais
para aprender a correcta pronunciación das palabras (HAI QUE VELOS VARIAS VECES
NA SEMANA E REPETIR, REPETIR E REPETIR AS PALABRAS)
1. Vídeo de presentación. Hai moitos
tipos de familias, e hai familias grandes e pequenas. Para ver e disfrutar.
3.Como é a túa familia. Debuxa ou pega unha foto da túa familia nun folio e ponlles unha etiqueta coa relación familiar. Tamén podedes facelo nun arquivo informático e envialo, pero recordade que son @s nen@s os que teñen que escribir as palabras. Fai algo parecido á foto da actividade 3 de abaixo (podes elexir a palabra para nomear ao membros da túa familia entre as palabras do vocabulario: mum ou mother, mamá ou nai...)
4.Big / small (grande e pequeno)
Repasamos estas palabras cun video super sinxelo.
5.WORKSHEET 1. Escribimos a palabra big ou small onde corresponda.
6.Numbers 1-20. Imos aprendelos cun rap. A cantar!
6.Numbers 1-20. Imos aprendelos cun rap. A cantar!
7.WORKSHEET 2 (unir)
8.WORKSHEET 3 (escribir). Estas dúas fichas son de isl.collective.com, non tedes que imprimilas, podedes facelas on line premendo nos enlaces e a páxina as envía automáticamente ao meu correo (non precisades poñer nin o voso correo nin o meu,as instruccións para facelo están na imaxe despois das fichas).
9.WORKSHEET 4. Copiar (para os de 2º e os 1º que se sintan valentes e traballadores)
10.WORKSHEET 5. Escribir os números (para os de 2º e os de 1º que queran)
11.WORKSHEET 6. A túa familia é grande ou pequena? Conta aos membros de cada familia, escribe o número e debuxa a túa familia e conta os seus membros.
12.CRAFTS: manualidades. Por se vos apetece facer un recortable.
13. E por último un video de despedida.

1.Watch the video: Families are different
(from Sesame Street: Family Song https://www.youtube.com/watch?v=ii_LtHrEiao)
2. Let's learn a rhyme!How many people live in your house?
3. Label your family. Draw or use a photo. Here you've got an example:
4. A very easy video to learn big and small.
(from: Tiny Adventures TV, https://www.youtube.com/watch?v=OtigY6XCE7U)
5.WORKSHEET 1. Big or small? Write the word.
6. NUMBERS 1-20: Let's sing.
(from: Numbers help me count 1-20 https://www.youtube.com/watch?v=Zw6Fps2O7XY)
(from: Numbers help me count 1-20 https://www.youtube.com/watch?v=Zw6Fps2O7XY)
7. WORKSHEET 2. Match. You can do it on line clicking on this link:
8. WORKSHEET 3. Write. You can do it on line clicking on this link:
Instructions to do worksheets 2 and 3 on line:
9.WORKSHEET 4. Copy the numbers (for year 2)
10. WORKSHEET 5. Solve and write (for year 2)
11.WORKSHEET 6.Have you got a big or a small family? Count the family members and write the number.
12. CRAFTS: Make a house.
13. A video to say bye-bye!
(from Sesame Studios, https://www.youtube.com/watch?v=DYOf8l1MjTo)
TEDES MÁIS PROPOSTAS DE TRABALLO NAS ACTIVIDADES DE 3º E 4º,
AO MELLOR VOS APETECE FACER ALGUNHA OU VER OS VIDEOS
NICE WEEK!
No hay comentarios:
Publicar un comentario