Mostrando entradas con la etiqueta festivals. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta festivals. Mostrar todas las entradas

7 jun 2020

Making a Flower Carpet. 1st and 2nd

Nesta última semana o noso traballo vai acompañar a proposta de asociacións  da vila e do equipo de coordinación do proxecto europeo de crear a túa propia alfombra floral (en tamaño reducido, por exemplo tamaño folio, ou como vos vexades ou vos sintades capaces de realizar) ou decorar os balcóns e fiestras con motivos florais.
Como sabedes dende principio de curso estamos  desenvolvendo un proxecto Erasmus + de Intercambio Escolar,  "ARTWORKS FROM EUROPEAN FESTIVITIES AND TRADITIONS" (Manualidades dende as festividades e tradicións europeas) no que o noso alumnado participa en maior ou menor medida.
Unha das festividades destacadas, que estaba programado  traballar e contar aos centros de Italia, Polonia, Grecia, Rumanía e Turquía que participan con nós, son as Alfombras Florais que este próximo domingo debían decorar Ares.
A proposta de actividade está neste enlace da páxina web do centro:


OLLO: AS VOSAS CREACIÓNS PARA PUBLICAR HAI QUE ENVIALAS AO CORREO:

 Para por en contexto este traballo podedes ver estes videos:
1. Alfombras Florales de Ares: móstranos como é esta tradición da nosa vila na que colabora unha grande parte da veciñanza.
2. Algún vocabulario básico: os materiais. Como se chaman en inglés algúns dos materiais que se utilizar para facer as alfombras.
3. Como elaborar as alfombras: vocabulario útil para a confección paso a paso.
4. Fai a túa alfombra ou adorno floral. Podes utilizar formas básicas simples como círculos, cadrados, triángulos ou algo xa máis complicado. Os motivos poden ser moi variados (debuxos animados, actualidade, decoración floral, motivos relixiosos...).
5. Alfombras florais no mundo. Esta é unha tradición moi extendida no mundo. Aquí vemos algunhas das máis coñecidas alfombras florais (isto xa é para máis grandes)


1. Flower Carpets, a much-loved tradition in Ares (from FerrolTurismo Alfombras Florales de Ares- Floral Carpets in Ares).

2. Some vocabulary: materials.



3. How to make a flower carpet step-by-step.



4. Make your own Flower Carpet.



5. Flower carpets around the world



ENJOY YOUR WORK!









ENJOY MAKING A FLOWER CARPET- 3th and 4th - JUNE 8th - 12th


3º e 4º
SEMANA 8 – 12 XUÑO
 “ENJOY A LOT MAKING A FLOWER CARPET”
Non esquezades  que para ver os videos so tedes que seguir este  Blog de Inglés e darlle no play.
https://jellywall10.blogspot.com/
Esta semana imos traballar nas alfombras florais xa que é unha tradición e unha celebración moi importante na nosa vila e que este ano vai ser un pouco diferente.
Agora que xa sabedes cal é a nosa proposta estamos preparados para comenzar.

NOTA IMPORTANTE:
Esta semana como podedes observar, só vos enviamos as nosas suxerencias no blog pero non teredes que enviar ningunha ficha.
Só vos ides centrar na vosa súper elaboración da alfombra floral ou adorno floral que xa é dabondo:
Hai que pensar, deseñar, buscar os materiais, así que só teredes que concentrarvos niso.



Se queredes que as vosas creacións artísticas (cadriño, adorno floral, alfombra) se publiquen enviádeas ao seguinte enderezo:

erasmusplusartworks@gmail.com


DIA 1 – DAY 1
OUR VILLAGE – OUR TRADITION
FLOWER CARPETS IN ARES
Imos empezar tomando coma punto de partida a proposta que xorde dende o proxecto Erasmus + e no que imos traballar todo o alumnado e profesorado.
Para saber cal é esta proposta tan chula, que esperamos vos encante, abrimos o documento que aparece na páxina do cole:
Empezamos mirando un video que nos amosa paso a paso como é este gran traballo que seguro que moitos de vós vedes que se fai nas vosas casas.
1. VIDEO 1: Alfombras Florales de Ares - Floral Carpets in Ares

2. VIDEO 2. Este video nos amosa un vocabulario útil para a elaboración das alfombras florais ou os vosos futuros adornos florais.

Flower carpet. Materials

 https://www.youtube.com/watch?v=fXTS2uam10k&feature=youtu.be

2. Aquí tedes o vocabulario que ten que ver con esta elaboración. Materials to make a flower carpet

3. Design your flower carpet. Agora é o voso momento, só tedes que pechar os ollos e imaxinar que vos gustaría facer.


Se xa estades preparados e non se vos ocorre nada aquí vos deixo algunha idea que podedes usar para a vosa creación.
 




Se queredes ver mási aquí vos deixo o link da páxina donde hai moitísimos máis, ademais dos que tedes aquí.

https://www.moldes-antigua.com/productos/moldes/

Recordade ir sacando fotos ou un vídeo do voso proceso creativo para logo envialo ao correo. Camiño da fama!!
AGORA TOCA DESCANSAR. SEE YOU NEXT DAY!!

DIA 2 – DAY 2

MAKING OUR FLOWER CARPETS

Xa tedes o voso deseño??? Imos  arrincar con este pequeno vídeo que nos vai axudar a seguir o proceso da nosa elaboración.
 1. VIDEO 2. ACTIONS VOCABULARY. MAKING A FLOWER CARPET


2. ACTIONS VOCABULARY. Para non esquecer como dicilo en inglés.


4. Tedes os materiais?? Buscade un sitio axeitado para traballar cómodamente. Seguide os pasos e comezade a elaboración da vosa súper alfombra floral ou decoración floral.

OS MELLORES ARTISTAS SODES VÓS!!
 
DIA 3 – DAY 3

“THE WORLD’S MOST BEAUTIFUL FLOWER CARPETS”

Hoxe é o último día para a elaboración da nosa alfombra floral.
Por se aínda non o tedes claro aquí vos deixamos unha mostra do que se fai no mundo!!
Esperamos que vos guste.
Entrannos unhas ansias de viaxar!!!

1.VIDEO 3 : FLOWER CARPETS IN THE WORLD.

https://www.youtube.com/watch?v=V7PeQd0x0Mk&feature=youtu.be

 

Moitos de seguro que xa a tedes rematada, recordade sacar fotos traballando e, por suposto do traballo rematado.
Recordade enviala ao seguinte enderezo:

erasmusplusartworks@gmail.com

A disfrutar da fin de semana!!
   

MOITO ÁNIMO!

SODES OS MELLORES!!