Mostrando entradas con la etiqueta big small. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta big small. Mostrar todas las entradas

27 abr 2020

HOME SWEET HOME 1st and 2nd


Esta semana o tema segue a segue a ser a familia, os distintos tipos de familias. O título, Home Sweet Home (Fogar doce fogar), é a típica frase que se atopa nas alfombras da porta da casa. Imos seguir traballando cos números do 1 ao 20 e aprender e repasar os adxectivos big (grande) e small (pequeño).

Recordade: As actividades son orientativas e podedes repartir as tarefas, non é necesario que fagades todo xunto. Vós e as vosas familias decidides.
 Se non podedes imprimir, podedes facer as actividades de escribir nun folio ou nunha libreta, no que teñades. Non hai que copiar os debuxos, poñemos o número da ficha e escribimos (ou debuxamos ou o que se pida) as respostas. Non quedarán tan “escolarmente” ordenadas pero seguro que vos quedarán preciosas igualmente, sodes uns artistas.


Non esquezades que os vídeos son fundamentais para aprender a correcta pronunciación das palabras (HAI QUE VELOS VARIAS VECES NA SEMANA E REPETIR, REPETIR E REPETIR AS PALABRAS) 
      1. Vídeo de presentación. Hai moitos tipos de familias, e hai familias grandes e pequenas. Para ver e disfrutar.
      2.  Canta xente vive na túa casa: A continuación tedes unha rima grabada por min . Tedes que escoitala moitas veces porque hai que aprendela DE MEMORIA! (moitos de 1º xa a saben).

      3.Como é a túa familia. Debuxa ou pega unha foto da túa familia nun folio e ponlles unha etiqueta coa relación familiar. Tamén podedes facelo nun arquivo informático e envialo, pero recordade que son @s nen@s os que teñen que escribir as palabras. Fai algo parecido á foto da actividade 3 de abaixo (podes elexir a palabra para nomear ao membros da túa familia entre as palabras do vocabulario: mum ou mother, mamá ou nai...)

4.Big / small (grande e pequeno) Repasamos estas palabras cun video super sinxelo.



5.WORKSHEET 1. Escribimos a palabra big ou small onde corresponda.
6.Numbers 1-20. Imos aprendelos cun rap. A cantar!

7.WORKSHEET 2 (unir)
8.WORKSHEET 3 (escribir). Estas dúas fichas son de isl.collective.com, non tedes que imprimilas, podedes facelas on line premendo nos enlaces e a páxina as envía automáticamente ao meu correo (non precisades poñer nin o voso correo nin o meu,as instruccións para facelo están na imaxe despois das fichas).
9.WORKSHEET 4. Copiar (para os de 2º e os 1º que se sintan valentes e traballadores)
10.WORKSHEET 5. Escribir os números (para os de 2º e os de 1º que queran)
11.WORKSHEET 6. A túa familia é grande ou pequena? Conta aos membros de cada familia, escribe o número e debuxa a túa familia e conta os seus membros.
12.CRAFTS:  manualidades. Por se vos apetece facer un recortable.
13. E por último un video de despedida.



1.Watch the video: Families are different
(from Sesame Street: Family Song https://www.youtube.com/watch?v=ii_LtHrEiao)


 

                 2. Let's learn a rhyme!How many people live in your house?




            3. Label your family. Draw or use a photo. Here you've got an example: 
4. A very easy video to learn big and small


     
         5.WORKSHEET 1. Big or small? Write the word. 

6. NUMBERS 1-20: Let's sing. 
(from: Numbers help me count 1-20 https://www.youtube.com/watch?v=Zw6Fps2O7XY)




              7. WORKSHEET 2. Match. You can do it on line clicking on this link:






             8. WORKSHEET 3. Write. You can do it on line clicking on this link:



 
Instructions to do worksheets 2 and 3 on line:

                    9.WORKSHEET 4. Copy the numbers (for year 2)


                     10. WORKSHEET 5. Solve and write (for year 2)



                       11.WORKSHEET 6.Have you got a big or a small family? Count the family members and write the number.



                           
                           12. CRAFTS: Make a house.




                           13. A video to say bye-bye!  



TEDES MÁIS PROPOSTAS DE TRABALLO NAS ACTIVIDADES DE 3º E 4º, 
AO MELLOR VOS APETECE FACER ALGUNHA OU VER OS VIDEOS
NICE WEEK!