31 may 2020

The Colour Monster. 1st and 2nd

Nesta semana imos continuar co vocabulario relacionado cos sentimentos e as emocións. Partindo do libro “The Colour Monster” de Anna Llenas imos facer unha reflexión sobre as emocións que sentimos en determinadas situacións e como as expresamos.
O libro está publicado en inglés, en castelán, en galego e en edición pop up pola editorial Flamboyant e é unha verdadeira marabilla que ao mellor vos gustaría ter. 

Recordade: As actividades son orientativas e podedes repartir as tarefas, non é necesario que fagades todo. Vós e as vosas familias decidides. 
Se non podedes imprimir podedes facer as actividades de escribir nun folio ou nunha libreta, no que teñades. Non hai que copiar os debuxos, poñemos o número da ficha e escribimos (ou debuxamos ou o que se pida) as respostas. Non quedarán tan “escolarmente” ordenadas pero seguro que vos quedarán preciosas igualmente, sodes uns artistas.
Recordade que ademáis destas actividades na aplicación Navio tedes cancións, videos con historias e actividades que seguramente vos apeteza facer, aínda que este tema non o traballa. Os que queirades que vos dé de alta na aplicación co voso correo electrónico poñédevos en contacto comigo. Para calquera cousa que precisedes o correo de contacto é paqcha@cpiares.com ou a través da vosa titora.
Non esquezades que os vídeos son fundamentais para aprender a correcta pronunciación das palabras (HAI QUE VELOS VARIAS VECES NA SEMANA E REPETIR, REPETIR E REPETIR AS PALABRAS)
1.
Unha canción. Que facemos cando nos sentimos contentos, tristes, etc. ? 
2. O monstro de cores, un libro de Anna Llenas está contado por Elena (Story time with Elena). O monstro ten as emocións feitas un lío. Para saber o que sente, o mellor é ir metendo cada emoción nun tarro, para iso vainas identificando e asociándoas a unha cor.
3. WORKSHEET 1: Segue os camiños, debuxa a expresión do monstro e escribe como se sente.
4. WORKSHEET 2: De que cor é o tarro de cada sentimento? Colorea e escribe a cor.
5.
A cantar! E agora unha canción, falando dos nosos sentimentos e dos de outros/as.
6. Sabes recoñecer as emocións? Como se senten os rapaces e rapazas do video en cada situación. Hai que dicir a resposta en alto antes de que o diga o video. A ver cantas acertas.
7. WORKSHEET 3: Cando sentes as diferentes emocións? Que te fai feliz? Que te da medo? Debuxa as situacións nas que te sentes coma o monstro de cores.
8. Drawing an emotion. Elixe un sentimento e fai un debuxo no que o reflictas.
9. Imos rematar cunha canción. 


 1. What do we do when we are happy? Let's start with a song. 
(from Feelings and Emotions Song for Kids | Kindergarten, Preschool & ESL | Fun Kids English)




2. Storytime with Elena. Listen The Colour Monster, a book about Anna Llenas
(The Color Monster, A Story About Emotions by Anna Llenas | Children's Books | Storytime with Elena)





3. WORKSHEET 1:Follow the paths, draw the monster's face and write.  



 4. WORKSHEET 2:Colour the jars.





5.Let's sing!
(from The Feelings Song. KidsTV123)




6. How are they feeling?
(from How are they feeling now (corrected)| Do you know how they feel | Emotion Case Simulation)




 7. WORKSHEET 3. When do you feel these emotions. Draw a picture. 



 8. Drawing emotions. Choose a strong emotion and draw it in a piece of paper.
 
9.Let's finish with a song.

(from The Feelings Song. Miss Molly)