14 abr 2020

EASTER TIME 1st 2nd

It's Easter time, let's make some Easter eggs!


Nesta semana imos traballar sobre a festa da Pascua (EASTER).

Comezamos cun pequeno video de presentación desta tradición que en Gran Bretaña celébrase, entre outras cousas, cunha búsqueda de ovos de chocolate (egg hunt), que tradicionalmente trae o coello de Pascua (Easter Bunny). Logo ven unha presentación do vocabulario,  e finalmente  imos facer un repaso das partes do corpo.

       1.   Mirar os vídeos: o primeiro é un vídeo xeral de presentación do tema (Easter). O segundo é un video sobre o vocabulario propio da Pascua. que imos traballar, neste enlace (xa sabes: hai que escoitar e repetir):


2.   Despois de ver o vídeo completa a ficha (FICHA 1) sobre Easter (Copia as palabras e debuxa, se non tedes impresora podedes facela nun folio ou nunha libreta, no que teñades, non quedarán tan “escolarmente” ordenadas pero seguro que vos quedarán preciosas igualmente, sodes uns artistas). Se o precisas para poder facelo mira o video outra vez.

3.   Inside an Easter Egg (Dentro dun ovo de Pascua). Mira e escoita o video atentamente.


4.   Make your Easter Egg: fai o teu propio ovo de Pascua. Podes facelo debuxado nun folio, facendo un cunha bola de papel e forrandoa e decorándoa ou, se tes pinturas ou rotuladores, decorando un ovo valeiro ou cocido (ollo se o fas co ovo cocido, recorda que nun par de días terás que desbotalo). Podes mandar unha foto do teu ovo ou a túa manualidade ao correo electrónico paqcha@cpiares.com

5. Parts of the body, revision (repaso das partes do corpo, ver o video e repetir as palabras).

 6. Label the Easter Bunny parts of the body (escribir o nome das partes do corpo, FICHA 2, se non tes impresora debuxa o coello e pon o nome das partes do corpo). Que non falte ningunha letra!

7. Song: This is me! (A cantar!)
 MÁIS PROPOSTAS DE TRABALLO SOBRE EASTER NAS ACTIVIDADES DE 3º E 4º.
 AO MELLOR APETÉCECHE FACER ALGUNHA DELAS.

Se queres que revise e corrixa algunha actividade, recorda o correo paqcha@cpiares.com


Watch the video 
(from Captain English Songs  https://www.youtube.com/watch?v=54nDbehiLr0)
 
Watch, listen and repeat 
 (from www.tomsmagicenglish.com  https://www.youtube.com/watch?v=5BH0LjFanSY)


Write the name of the festival, copy the words and draw the Easter symbols

 Watch this video carefully: Inside an Easter Egg
 
  Make your own Easter Egg. 



Watch the video. Parts of the body 
 
Label the Easter Bunny parts of the body.
 

 
Let's sing: This is me!



 MORE ACTIVITIES IN THE 3rd and 4th post!
   We'll keep in touch!
HAPPY EASTER!

No hay comentarios:

Publicar un comentario