27 abr 2020

HOME SWEET HOME 1st and 2nd


Esta semana o tema segue a segue a ser a familia, os distintos tipos de familias. O título, Home Sweet Home (Fogar doce fogar), é a típica frase que se atopa nas alfombras da porta da casa. Imos seguir traballando cos números do 1 ao 20 e aprender e repasar os adxectivos big (grande) e small (pequeño).

Recordade: As actividades son orientativas e podedes repartir as tarefas, non é necesario que fagades todo xunto. Vós e as vosas familias decidides.
 Se non podedes imprimir, podedes facer as actividades de escribir nun folio ou nunha libreta, no que teñades. Non hai que copiar os debuxos, poñemos o número da ficha e escribimos (ou debuxamos ou o que se pida) as respostas. Non quedarán tan “escolarmente” ordenadas pero seguro que vos quedarán preciosas igualmente, sodes uns artistas.


Non esquezades que os vídeos son fundamentais para aprender a correcta pronunciación das palabras (HAI QUE VELOS VARIAS VECES NA SEMANA E REPETIR, REPETIR E REPETIR AS PALABRAS) 
      1. Vídeo de presentación. Hai moitos tipos de familias, e hai familias grandes e pequenas. Para ver e disfrutar.
      2.  Canta xente vive na túa casa: A continuación tedes unha rima grabada por min . Tedes que escoitala moitas veces porque hai que aprendela DE MEMORIA! (moitos de 1º xa a saben).

      3.Como é a túa familia. Debuxa ou pega unha foto da túa familia nun folio e ponlles unha etiqueta coa relación familiar. Tamén podedes facelo nun arquivo informático e envialo, pero recordade que son @s nen@s os que teñen que escribir as palabras. Fai algo parecido á foto da actividade 3 de abaixo (podes elexir a palabra para nomear ao membros da túa familia entre as palabras do vocabulario: mum ou mother, mamá ou nai...)

4.Big / small (grande e pequeno) Repasamos estas palabras cun video super sinxelo.



5.WORKSHEET 1. Escribimos a palabra big ou small onde corresponda.
6.Numbers 1-20. Imos aprendelos cun rap. A cantar!

7.WORKSHEET 2 (unir)
8.WORKSHEET 3 (escribir). Estas dúas fichas son de isl.collective.com, non tedes que imprimilas, podedes facelas on line premendo nos enlaces e a páxina as envía automáticamente ao meu correo (non precisades poñer nin o voso correo nin o meu,as instruccións para facelo están na imaxe despois das fichas).
9.WORKSHEET 4. Copiar (para os de 2º e os 1º que se sintan valentes e traballadores)
10.WORKSHEET 5. Escribir os números (para os de 2º e os de 1º que queran)
11.WORKSHEET 6. A túa familia é grande ou pequena? Conta aos membros de cada familia, escribe o número e debuxa a túa familia e conta os seus membros.
12.CRAFTS:  manualidades. Por se vos apetece facer un recortable.
13. E por último un video de despedida.



1.Watch the video: Families are different
(from Sesame Street: Family Song https://www.youtube.com/watch?v=ii_LtHrEiao)


 

                 2. Let's learn a rhyme!How many people live in your house?




            3. Label your family. Draw or use a photo. Here you've got an example: 
4. A very easy video to learn big and small


     
         5.WORKSHEET 1. Big or small? Write the word. 

6. NUMBERS 1-20: Let's sing. 
(from: Numbers help me count 1-20 https://www.youtube.com/watch?v=Zw6Fps2O7XY)




              7. WORKSHEET 2. Match. You can do it on line clicking on this link:






             8. WORKSHEET 3. Write. You can do it on line clicking on this link:



 
Instructions to do worksheets 2 and 3 on line:

                    9.WORKSHEET 4. Copy the numbers (for year 2)


                     10. WORKSHEET 5. Solve and write (for year 2)



                       11.WORKSHEET 6.Have you got a big or a small family? Count the family members and write the number.



                           
                           12. CRAFTS: Make a house.




                           13. A video to say bye-bye!  



TEDES MÁIS PROPOSTAS DE TRABALLO NAS ACTIVIDADES DE 3º E 4º, 
AO MELLOR VOS APETECE FACER ALGUNHA OU VER OS VIDEOS
NICE WEEK!






26 abr 2020

HOME SWEET HOME - 3rd and 4 th ACTIVITIES




3º e 4º
SEMANA 27 - 30 ABRIL
“HOME SWEET HOME”
THE HOUSE -  THERE IS / THERE ARE - ABILITIES
Ola de novo rapaces e rapazas.! Fogar doce fogar!

“HOME, HOME, SWEET, SWEET HOME,
BE IT EVER SO HUMBLE, THERE'S NO PLACE LIKE HOME.”
  
Non hai mellor lugar que o noso fogar. E coma non, é momento de lembrar e refrescar a nosa memoria.. Será fantástico, con algunha sorpresa e… tamén divertido!!

Esta semana temos un festivo ainda que o traballo está repartido para facer en tres veces para que vos resulte máis levadeiro. Recordade que calquera das tarefas son suxerencias para traballar o que xa tedes aprendido e se vos parece moito podedes reducir e deixar algunhas.
Isto está pensado para todos os gustos:
Os que sempre queredes máis
Os que aceptades o que vos propoñen.
Os que axiña vos cansades.


Recordade que  aqueles que non tedes impresora, como xa sabemos que sodes uns grandes artistas, , ... poñede o número da ficha e as respostas e logo…  a debuxar rapaces e rapazas!!

DIA 1 – DAY 1

1.    Imos empezar coma xa estades afeitos, cun video para arrincar con enerxía:
VIDEO 1: Welcome to my house (English Dialogue) - Educational video for Kids
Presentación das habitacións e o que se fai nelas.
Que tal? Como ides coa memoria?
2.    Imos á FICHA 1SHEET  1 - parts-of-the-house-and-furniture 1 (páxina 5)
(podedes facela directamente no ordenador ou imprimila, e con tranquilidade)


  1. VIDEO 2: Learning the Bedroom - Vocabulary for kids (seguro que o sabedes todiño!!)
(aínda que ides escoitar  e ver closet  neste video vós o coñecedes coma wardrobe)
4.    VIDEO 3: English Bedroom Vocabulary Flashcards For Children To Learn And Study English Language
5.    Agora xa está todo máis que sabido,, non si?
FICHA 2- SHEET 2  –  parts-of-the-house-and-furniture 2 (páxinas 6)



DIA 2 – DAY 2

THE HOUSE - THERE IS / THERE ARE
Imos seguir un pouco máis lembrando e divirtíndonos.
1.    FICHA 3 – SHEET 3  furniture vocabulary (páxina 7)

2.    FICHA 4 – SHEET 4 –“messy room prepositions” (páxina 8)

  1. Imos ver outro video antes de poñernos á faena. Como andades de voz??
VIDEO 4: My room vocabulary song in English for kids. Furniture, pets, objects. Learning songs.
  1. FICHA 5 - SHEET 5- my favourite place at home (páxinas 9)
  2. FICHA 6SHEET 6 - JIGSAW PUZZLE (THE HOUSE) páxinas 10 e 11)
Esta última é opcional, para aqueles que lles guste colorear, recortar, pegar.
Tedes dous crebacabezas a elixir, eu non fun quen de decidir, porque as dúas opción me parecen bonitiñas.
O primeiro que tedes que facer é decidir se vos apetece preparar un crebacabezas.
Se a resposta é que si aquí vos deixo os pasos:
1.    Colorear a casa que vos guste máis.
2.    Pega con coidado e moi ben a ficha coloreada nun cartón, unha Caixa de galletas ou algo polo estilo ou nunha cartolina se tedes algunha por casa.
 

Pega con coidado e moi ben a ficha coloreada nun cartón, unha Caixa de galletas ou algo polo estilo ou nunha cartolina se tedes algunha por casa.
3.    Deixa secar ben.
4.    Recorta con coidado seguindo as liñas.
5.    Xa tes un crebacabezas para xogar ou para regalarlle a alguén!!!

(NON É NECESARIO ENVIAR O VOSO TRABALLO, AINDA QUE SE VOS APETECE COMPARTILO PODEDES MANDAR FOTO DO RESULTADO)

DIA 3 – DAY 3

ABILITIES – CAN / CAN’T

           E ainda que estamos na casa podemos facer moitísimas cousas. So necesitamos un pouquiño de imaxinación e veredes que vos ides sorprender!!

1.    Recordando non hai lugar ao erro. Imos primeiro ver este video antes de poñernos á faena.
VIDEO 5 : Action and Activities flashcards | What I can do | by BabyA Nursery Channel
2.    Agora toca comprobar canto recordades e que habilidades tedes.
FICHA 7 –  SHEET 7 . FICHA 7 - can-expressing-ability (páxina 12)


3.    VIDEO 6 - Sports, actions and Can/Can't
4.    FICHA 8 –  SHEET 8 - actions verbs infinitive ing form (páxina 13)

5.    VIDEO 7 What can you do? (US version) Vos apetece cantar???
6.    FICHA 9 – SHEET 9– I can do at home ( a ver cómo se vos da isto de escribir, de seguro que fenomenal) (páxina 14)

7.    FICHA 10 – SHEET 10 – SÓ SE VOS APETECE. Estes MInnions o dan todo, todiño!!CAN YOU DO IT?? (páxina 15)

NOTA:
Recordade:
As actividades son orientativas e podedes repartir as tarefas, non é necesario que fagades todo xunto. Vós e as vosas familias decidides.
Hai actividades dabondo para todos:
- Os que sempre queredes máis.
- Os que aceptades o que vos proponen.
- Os que axiña vos cansades

MOITO ÁNIMO! SODES UNS CAMPEÓNS!!