Nesta
última semana o noso traballo vai acompañar a proposta de asociacións da vila e do equipo de coordinación do
proxecto europeo de crear a túa propia alfombra
floral (en tamaño reducido, por exemplo tamaño folio, ou como vos vexades ou vos sintades capaces de realizar) ou decorar os
balcóns e fiestras con motivos florais.
Como
sabedes dende principio de curso estamos desenvolvendo un proxecto Erasmus + de Intercambio Escolar, "ARTWORKS FROM EUROPEAN FESTIVITIES AND
TRADITIONS" (Manualidades dende as festividades e tradicións europeas) no
que o noso alumnado participa en maior ou menor medida.
Unha das festividades
destacadas, que estaba programado traballar e contar aos centros de Italia,
Polonia, Grecia, Rumanía e Turquía que participan con nós, son as Alfombras
Florais que este próximo domingo debían decorar Ares.
A proposta de actividade está neste enlace da páxina web do centro:
OLLO:
AS VOSAS CREACIÓNS PARA PUBLICAR HAI QUE ENVIALAS AO CORREO:
Para por en contexto este traballo podedes ver estes videos:
1. Alfombras Florales de Ares: móstranos como é esta tradición da nosa vila na que colabora unha grande parte da veciñanza.
1. Alfombras Florales de Ares: móstranos como é esta tradición da nosa vila na que colabora unha grande parte da veciñanza.
2. Algún vocabulario básico: os materiais. Como se chaman en inglés algúns dos materiais que se utilizar para facer as alfombras.
3. Como elaborar as alfombras: vocabulario útil para a confección paso a paso.
4. Fai a túa alfombra ou adorno floral. Podes utilizar formas básicas simples como círculos, cadrados, triángulos ou algo xa máis complicado. Os motivos poden ser moi variados (debuxos animados, actualidade, decoración floral, motivos relixiosos...).
5. Alfombras florais no mundo. Esta é unha tradición moi extendida no mundo. Aquí vemos algunhas das máis coñecidas alfombras florais (isto xa é para máis grandes)
1. Flower Carpets, a much-loved tradition in Ares (from FerrolTurismo Alfombras Florales de Ares- Floral Carpets in Ares).
2. Some vocabulary: materials.
3. How to make a flower carpet step-by-step.
4. Make your own Flower Carpet.
5. Flower carpets around the world
ENJOY YOUR WORK!
No hay comentarios:
Publicar un comentario