16 mar 2020

ST PATRICK'S DAY - 1st and 2nd

Let's start working on festivities: St Patrick's Day! 17th March. 

Imos empezar traballando sobre a festividade de St Patrick's Day, día nacional de Irlanda. E podemos facelo do seguinte xeito: 

1. Mirar os videos: o primeiro é un video sinxelo sobre esta data. (Non vos preocupedes se non o entendedes todo, non é esa a idea, é para ver un pouco de información xeral sobre esa data). O segundo é un video sobre o vocabulario que imos traballar, son os símbolos desta festividade tradicional (se vos apetece podedes buscar información para saber o que significan)

2. Despois de ver o video podedes completar a ficha poñendo o nome da festividade, a data  e copiando e debuxando os símbolos (se non tedes impresora podedes facelo igualmente nun folio).

3. Facer un marcapáxinas. Podedes escoller un destes modelos e colorear ou facer un pola vosa conta escribindo unha desas frases e decorando cos símbolos da festividade. 


 St Patrick's Day: some information:    

St Patrick's Day: symbols

Worksheet

Bookmark

Let's finish with a  song. Enjoy it.
 

Neste mesmo blog tedes máis actividades subidas pola profe Fifí que ao mellor vos apetece ver ou facer.


No hay comentarios:

Publicar un comentario