30 mar 2020

BUGS EVERYWHERE! 1st 2nd


Let's learn about bugs! There are bugs everywhere!
Nesta semana imos traballar sobre os bechos : Bugs Everywhere! (Bechos por todas partes).

Comezamos cun repaso das cores (colours ) e logo pasamos á presentación dos bechos máis comúns (bugs).  Para aqueles que non tedes impresora: poñede o número da ficha e as respostas nada máis e... a debuxar! 
 Se tedes algún problema, suxestión ou comentario, poñédevos en contacto nos comentarios ou no correo electrónico.
  1.  Ver os videos das cores: a primeira é unha canción (o grupo de 2º xa a coñece a canción: hai que cantar) a segunda é repaso do vocabulario, temos que repetir as palabras.
  2. Unir, colorear e escribir os nomes das cores.
  3. Os bechos (Bugs): ver os dous videos, o primeiro é de presentación (para ver prestando moita atención) o segundo é de aprender, repite as palabras. Non hai que aprendelas todas, so as que saen na actividade número 4. 
  4. Le as palabras e busca no video anterior como se pronuncian.
  5. Estes animais están dicindo quen son. Escribe a frase que din: I'm a ...
  6. Le e colorea (se non tes impresora le e debuxa nun papel, non é necesario que copies as frases): Read and colour.
  7. Adiviña o animal, escribe o nome e debuxa: Guess the bug, write and draw.
  8. Unha canción de regalo para cantar, bailar, pasalo ben e ensinarlla aos que teñades irmáns pequenos.
Colours: Watch and sing.

 (fonte: Kids TV 123. Colors Song 2)

 Colours again: watch, listen and repeat.


(fonte: ELF KIDS VIDEOS.  Learn Colors - Preschool Chant - Colors Song for Preschool by ELF Learning)
Can you write the colours? Match colour and write. 


Bugs everywhere! Watch the video.
 (fonte: ENGLISH SINGSING. Kids vocabulary - Bugs - Learn English for kids - English educational video) 

Listen and repeat.

(fonte: MAPLE LEAF LEARNING Learn Bugs Vocabulary | Talking Flashcards)


Read.  

Who am I? Write.
Read and colour.

Guess, write and draw the bug.

A song to enjoy, dance and learn.


(fonte: Bug'n Roll | Bug Songs | Pinkfong Songs for Children)
Have a nice week!