10 may 2020

3th and 4th - SEMANA 11- 15 MAIO “TIK TOK - TIME TO ENJOY ”

 
“TIK TOK - TIME TO ENJOY ”
DAILY ROUTINES – WHAT’S THE TIME - NUMBERS
Ola de novo rapaces e rapazas.! Tempo para disfrutar!
Antes de nada queremos recordar a todos, rapaces e rapazas e tamén ás vosas familias, que as actividades que se vos presentan están pensadas para chegar a todos vós, para atender á diversidade que hai entre o noso alumnado e polo tanto haberá tarefas para toda esa gran variedade.
Polo que cada un de vós fará aquelas tarefas que considere que é capaz de levar adiante de maneira autónoma, ou coa nosa axuda, a das profes, que estamos para calquera dúbida.
Isto está pensado para todos os gustos e posibilidades:
Os que sempre queredes máis
Os que aceptades o que vos propoñen.
Os que axiña vos cansades.
Como recomendación abride o blog para poder ir mirando os videos e seguindo a orde pasiño a pasiño.
A ORDE ESTA SEMANA CAMBIA UN POUCO,, A VER SE VOS RESULTA MÁIS SINXELO.
 DAY 1 – EXPLICACIÓN E FICHAS,
 DAY 2 COAS CORRESPONDENTES ACTIVIDADES
E POR ÚLTIMO DAY 3 E AS TAREFAS.

Vai ser unha semana interesante e... tamén divertida!!
Esta semana recordaremos as rutinas diarias, como se expresa a hora e tamén recordaremos os  números.
Como o vedes??
Recordade que  aqueles que non tedes impresora, tedes dúas alternativas, contactar co concello e que vos leven as fichas á casa ou como xa sabemos que sodes uns grandes artistas, , ... poñede o número da ficha e as respostas e logo…  a debuxar rapaces e rapazas!!

DIA 1 – DAY 1
 https://youtu.be/gGr_wgNcndk

DAILY ROUTINES
  1. Imos empezar coma xa estades afeitos, cun video para arrincar con enerxía:
VIDEO 1 Brush your Teeth Song for Kids + MORE Stories from Steve and Maggie | Free Speaking Wow English TV
A nosa rutina diaria dende que espertamos ata que remata o día.
 Para os de 3º: isto é novo, aínda que xa veredes que coñecedes xa a maioría das palabras, o resto, é o momento de empezar a coñecelas. Pero non vos asustedes, imos ir pouco a pouco,  e non vos esquezades que todo isto logo imos apréndelo ben no cole…
E os de 4º? Que tal? Como ides coa memoria?
2.     Este video vos vai axudar a lembrar todo ese vocabulario que tedes gardadiño nas vosas cabeciñas.
VIDEO 2 : Daily routines- Routines- Learn english for kids-Educational videos-kids

3.     Agora xa estades preparados para a faena, collede lapis, sacudide a vosa cabeza e, imos aló:

 FICHA 1 – SHEET  1–DAILY ROUTINES VOCABULARY. Antes de pasar á seguinte prestade atención ao vocabulario. Buscade na vosa memoria e cando vexades que estades listos pasamos á 2º ficha que é esta mesma pero muda. (PÁXINA 3)

FICHA 2 – SHEET 2 – Agora sen mirar, intentade completar o vocabulario. Podedes facer os intentos que necesitedes, así recordaredes moito mellor este vocabulario tan chulo.
Como vos foi?? (PÁXINA 4)

Podedes intentar facela noutro momento a ver se realmente sabedes todiño todo.
  1. VIDEO 3: Pinchade neste video antes de pasar á seguinte ficha: Kids vocabulary - My Day - Daily Routine - Learn English for kids - English educational vo
  1. FICHA 3 – SHEET 3 –  Volvede a ver o video antes de completer esta ficha. Parádeo se o necesitades. Non é unha carreira e escribir nos leva un pouquiño. (PÁXINA 5)
Write Jim’s daily routines in order.
  1. FICHA 4 – SHEET 4. Como ides ? Ben, ben faciliña, para os que queren afianzar e non esquecer.  Une as expresión co debuxo correspondente.(PÁXINA 6)

  1. VIDEO 4. Para descansar un pouco e divertiros aquí vos deixamos á Pink Panther.
Cleanliness is Next to Pinkliness | Pink Panther and Pals
https://www.youtube.com/watch?v=Wg5ChyHn8o4&list=PLX3n3qblvibMy_zGQ3gOqJJQ3YK3WiN-1&index=18&t=0s
  1. FICHA 5– SHEET 5 Como xa estades afeitos esta ficha é para os que lles encanta colorear. Temos a Bart .  (PÁXINA 7)
AGORA TOCA DESCANSAR. SEE YOU NEXT DAY!!

DIA 2 – DAY 2

WHAT TIME IS IT?
Imos seguir un pouco máis lembrando e divirtíndonos.
1. VIDEO 5. Hoxe toca falar da hora. Así que comezamos con este video para recordar.
Learn to Tell Time #1 | Telling the Time Practice for Children | What's the Time? | Fun Kids English

2.    FICHA 6– SHEET 6 – Despois de ver o video faremos esta ficha. A ver se recordamos como poner a hora. Adiante rapaces!! (PÁXINA 9)

3.    VIDEO 6: Cinderella - What time is it? (Asking the Time) - Popular English story for Kids

https://www.youtube.com/watch?v=BBRtA5vQfWg

4.    FICHA 7– SHEET 7– Esta non é difícil, nadiña. Teredes que colocar as accións no seu lugar e debuxar as agullas do reloxo según a vosa realidade (en condicións normais, non en confinamento). (PÁXINA 10)

è 5. VIDEO 7. . [Time] What time is it? Time for breakfast. - Easy Dialogue - English video for Kids

2.    FICHA 8 – SHEET 8 –  Para 4º, e quen se atreva de 3º. Recordando a hora. Prestade moita atención que igual pode confundirvos. (PÁXINA 11)

8.    VIDEO 8. Simplemente prestade atención ao video para ter todo ben clariño.

Time and Daily Routines


https://www.youtube.com/watch?v=zHWtWOIn3RY

7.    FICHA 9– SHEET 9 – Coma sempre, para os afeccionados a colorear. Espero que vos guste.(PÁXINA 12)


(NON É NECESARIO ENVIAR O VOSO TRABALLO DAS FICHAS PARA OS ARTISTAS AINDA QUE SE VOS APETECE COMPARTILO PODEDES MANDAR FOTO DO RESULTADO)


DIA 3 – DAY 3

NUMBERS
Os números están en todas partes: Na data, no nº das páxinas, cando contamos os cromos, nos presos das cousas, nos arrodean aínda que non nos deamos conta e por iso son importantes, porque forman parte do noso día a día.
A ver como andades de memoria…

è 1.VIDEO 9 : Counting Numbers for Kids | Bedtime Stories from Steve and Maggie | Speaking Wow English TV | ESL

https://www.youtube.com/watch?v=aRFFriLr7Zs

2 . FICHA 10 e 11–  SHEET 10 and 11- Recordades ben os números??? Estas dúas fichas son para completar (coidado co guión nos números que o precisen) , ter, usar cando dubidemos e para gardar.(PÁXINAS 14 E 15)


3. VIDEO 10 – Quen se atreve a cantar?? Afinade ben a voz e adianta rapaces e rapazas!!
 DJ Count | Count to 100 | Jack Hartmann
4. FICHA 12 – SHEET 12. Terás que elixir axeitadamente entre os números .(PÁXINA 16)

5. FICHA 13. SHEET 13 – Tempo para escribir os números, pouco a pouco. Non é necesario facer todo dunha vez. Se vos cansades deixádea para máis tarde. (PÁXINA 17)

6. FICHA 14. SHEET 14 – Esta pode que nos leve un pouquiño máis. Como andades de cálculo? Probade a facela sen mirar polo vocabulario. (PAXINA 18)

7. FICHA 15- SHEET 15 – Recordade que a última é para os afeccionados a colorear. Creo que vos vai gustar. (PÁXINA 19)

8. VIDEO 11 –  Este último vai de regalo para que pasedes un bo momento. Espero que vos guste.
Wrong Number | Funny Clips | Mr Bean Official
A disfrutar da fin de semana!!
NOTA:
Recordade:
As actividades son orientativas e podedes repartir as tarefas, non é necesario que fagades todo xunto. Vós e as vosas familias decidides.
Hai actividades dabondo para todos:
- Os que sempre queredes máis.
- Os que aceptades o que vos proponen.
- Os que axiña vos cansades

MOITO ÁNIMO! SODES UNS CAMPEÓNS!!





4 may 2020

FOOD! DELICIOUS! 1st and 2 nd

Esta semana imos comezar coa comida. Imos expresar o que nos gusta e o que non nos gusta. Aínda que xa se traballou en infantil, para os de 1º as formas escritas son novas, así que imos ir pouco a pouco. Para os de 2º, recordamos e aprendemos cousas novas.
Os que tedes a aplicación Navio podedes traballar este tema na unidade 4 de 1º. Encontraredes cancións, videos con historias e actividades. Os que queirades que vos dé de alta na aplicación poñédevos en contacto comigo a través do correo.

 Recordade: As actividades son orientativas e podedes repartir as tarefas, non é necesario que fagades todo xunto. Vós e as vosas familias decidides.  
Se non podedes imprimir podedes facer as actividades de escribir nun folio ou nunha libreta, no que teñades. Non hai que copiar os debuxos, poñemos o número da ficha e escribimos (ou debuxamos ou o que se pida) as respostas. Non quedarán tan “escolarmente” ordenadas pero seguro que vos quedarán preciosas igualmente, sodes uns artistas.
Non esquezades que os vídeos son fundamentais para aprender a correcta pronunciación das palabras (HAI QUE VELOS VARIAS VECES NA SEMANA E REPETIR, REPETIR E REPETIR AS PALABRAS)

1. Vídeo de presentación. Para mirar e desfrutar escoitando atentamente.
2.
Escoitar e repetir. As primeiras palabras que imos aprender.
3.
WORKSHEET 1. Escribimos esas palabras: repasar, copiar, unir, volver a escribir e volver a ver o video anterior sinalando a palabra na ficha e dicíndoa en alto.
4.
Mira este video e repite con Steve: Aprendemos a dicir o que nos gusta.
5.
WORKSHEET 2. Agora imos escribir o que nos gusta e o que non nos gusta. . Podemos usar todas as palabras que coñecemos.
6. MAKE YOUR PERFECT PIZZA. Fai ou imaxina a túa pizza favorita, faille unha foto ou debúxaa e ponlle que leva. Tamén podedes facelo nun arquivo informático e envialo, pero recordade que son @s nen@s os que teñen que escribir as palabras. Podedes facer algo parecido á imaxe que está máis abaixo.
7. FOOD DICTIONARY: Imos poñer todas as palabras que aprendemos xuntas. Nunha folla ou cartolina (no que teñades a man) debuxamos e escribimos todas a palabras relacionadas con comida que aprendemos ata agora. O título “Food Dictionary”… e hai que ter sitio para logo engadir máis. Tamén podedes facer un minilibro (“minibook”, é unha das cousas que á rapazada de 2º gústalle máis, preguntádelles como facelo)
8. SONG. E a ti que che gusta? Gústanche os espaguetis? E os iogures? Gústanche os yogures de espagueti? Esta canción hai que aprendela.
9.
WORKSHEET 3. Volve a poñer a canción. Aprendemos a preguntar e responder o que nos gusta. Escribe a resposta correcta según a canción (mira ben como se escribe na parte de arriba da ficha)
10.
WORKSHEET 4. Con que podemos facer unha tortilla? E unha ensalada? Pregunta e escribe (mira nas actividades anteriores como se escriben as palabras) Logo responde ás preguntas.
11. FOOD DICTIONARY: Engadimos as palabras novas no noso diccionario (na próxima semana, máis)
12. E agora para rematar un video para rir un pouco.


 1. Steve is cooking a pizza! Watch the video. 
( from  Wow English TV, Steve and Maggie, https://www.youtube.com/watch?v=UBEVc_9j1k4)


 

 2.Watch, listen and repeat.



 3. WORKSHEET 1. Trace, copy. Match and write.



 4. Watch, listen and repeat with Steve.
(from Wow English TV, Steve and Maggie,  https://www.youtube.com/watch?v=aVC2ekVlb7I )






5.WORKSHEET 2. Look and write.


 6. MAKE YOUR PERFECT PIZZA.Make or imagine your perfect pizza. Take a photo or draw it. Label its ingredients. You can do it like this:



 7. FOOD DICTIONARY: Start your food dictionary in a sheet of paper or a cardboard. You can make a minibook, too.

 8. Learn this song. 
(from Super Simple Songs, https://www.youtube.com/watch?v=ddDN30evKPc)





 9. WORKSHEET 3. Write the answers. 


10. WORKSHEET 4. Write the ingredients.




11. FOOD DICTIONARY. Add new words to your Food Dictionary from Activity 7. 

12. Time to laugh with the Pink Panther. 
(from Official Pink Panther,  https://www.youtube.com/watch?v=_rd6Ad6F-80)






TEDES MÁIS PROPOSTAS DE TRABALLO SOBRE COMIDAS  
NAS ACTIVIDADES DE 3º E 4º, 
AO MELLOR APETÉCECHE VER OS VIDEOS OU FACER ALGUNHA DELAS.